Amosando publicacións coa etiqueta Varios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Varios. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de abril de 2022

Outros libros

Bo día, acougo. Exercicios de relaxación con palabras e movementos, para compartir cos teus fillos, de Anna Crahay traducido por Isabel Soto e publicado por Tambre. Tal como se di na presentación editorial: "Este libro propón catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que axudan a acougar os nenos e ao seu benestar. Cada relaxación preséntase mediante unha descrición explicativa e práctica para os pais (especificando a posición, o que a criatura debe imaxinar e a funcionalidade, que detalla o movemento, e mediante un conto ilustrado para ler cos nenos (no que se desenvolven as sensacións falándolles á imaxinación da rapazada e axudándolles a facer seu o movemento sentindo o acougo interior). Narracións ilustradas e exercicios de relaxación, con palabras e movementos, para compartir cos teus fillos. Inspirado no brain gym." Os catro exercicios: A miña estrela (para enraizar e sentir a forza da vida), Bo día! (para relaxar as tencións e concentrarse), O pequeno empurrón (para sentirse ben e con enerxía) e A miña árbore (para desenvolver o equilibrio etomar conciencia interior). Magníficas ilustracións, moi acordes co asunto.

 
Petiscos. Unha ducia de aventuras e Petiscos + Máis alá da lectura. Trátase de petiscos dunha serie de libros para abrir o apetito. Unha escolma de textos e unha serie de xogos, reflexións, pasatempos... ao redor das lecturas. No primeiro dos libros atopamos fragmentos de Amelia Fang e o baile barbárico, O rapaz do vestido, Unha misión para Clara, Sira e o robot, O doutor Proctor e os pos botapeidos, Douche a miña palabra, Conta nove estrelas, A complicada vida de Bieito Viqueira, Pippi Mediaslongas embarca, A pel do mundo, Ulises e as cronoamigas e A que cheiran as cores?. Recolle, polo tanto narrativa pero tamén ensaio e poesía. Neste caso, as ilustracións son de Sarai Lorenzo. 

No segundo dos volumes as ilustracións son fotografías de Irene Pérez. Os textos pertencen aos libros A evolución de Calpurnia Tate, A balada dos unicornios, O libro do verán, Cartas de inverno, Palabra de bruxa, Be water, O soño da serpe, O carioso incidente do can a medianoite, Os corpos invisibles, Nubes de evolución, Frankestein e A miña familia e outros animais. Ambos están publicados por Sushi Books.