2016 vai ser un ano produtivo.
Tivemos sorte. A R.A.G. (Real Academia Galega) púxolle sentido e decidiu dedicarlle as Letras Galegas a Manuel María.
Porque as Letras son algo decisivo para o ano, cando a lingua está nas condicións nas que está, cando as eleccións han de facilitar o traballo dos axentes sociais e non despistalos tendo que perder o tempo definíndose a nivel ético, porque as escritoras e escritores recoñecidos é bo que sexan modélicos e a razón é doada de ver se pensamos que onde máis se traballan (e máis horas se dedican e máis presentes están é nas escolas -e nas escolas ensínase, edúcase-...); por todo iso, debemos agradecer á R.A.G. a decisión tomada neste ano e pedirlle (por favor, por favor...) que sexa así de consecuente sempre.
Manuel María. Un nome sen necesidade de apelidos para nomear un home, unha obra literaria e de compromiso coa lingua, coa cultura e co país.
Unha Fundación que colabora nesta celebración. Unha escola disposta a traballar e gozar das súas creacións e todo un ano por diante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario