Unha triloxía que ten como protagonista a este
personaxe singular, Manuel de Paderna, un home que traballou na Casa
de Hortas (a do autor), foi alguacil de Outeiro de Rei, barbeiro e
versificador popular.
Unha triloxía que comparte o espazo literario: a Terra Cha.
Entra o realismo máxico pola porta, bebendo da fantasía de Cunqueiro e enraizado con Ramón Lamote (o profesor de chairego e debuxante de soños por encarga, fillo de Paco Martín). Manuel de Paderna é un home bo, cheo de sentido común, fantasía, amor ao propio e defensor da identidade. El coas súas palabras, crea, constrúe... pero tamén sofre a don Capitón (o alcalde de Outeiro de Rei, cacique, comellón, irresponsable e ignorante que busca unicamente o seu proveito).
Trátase dun imaxinario moi noso que ademais introduce na historia a unha serie de persoas reais, de diferentes xeracións que só a fantasía de Manuel María podería poñer a interactuar ter xuntado, léase Miguel Anxo Fernán Vello, Vicente Risco ou dona Ximena Fernández de la Vega.
Entremos pois nese mundo a través dos libros A tribo ten catro ríos, Cando o mar foi polo río, Viaxes e vagancias de Manuel de Paderna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario