Manuel Mª pode considerarse un pioneiro da literatura
para nenos e nenas. O seu poemario para a infancia, Os soños na gaiola, data de 1968. É este un libro imprescindible
naqueles anos nos que o galego, por fin, entraba nas escolas. Del naceron as
cancións de Suso Vaamonde e outros, que lle puxeron banda sonora aos diferentes
apartados que ían dende Galicia ao mundo, dende as cousas a homes, mulleres e
nenos, para rematar nos animais e especificente nos paxaros, eses seres alados
que reciben os nomes de corvos, merlos, carrizos, escribentes, anduriñas,
pazpallar, cuco pardal ou pegas. Eran os tempos nos que os soños estaban presos
na gaiola e había que recuperar as palabras coas que se debuxan... para soñar
os nosos soños e non outros prestados.
Posteriormente, escribiría outro poemario As rúas do vento ceibe, co subtítulo de subtítulo
“Versos para nenos”, publícase en 1978. No prólogo
aclara que está escrito “para todos os nenos galegos e dun xeito particular
para os nenos da cidade, un tanto esquecidos no outro meu libro pra rapaces”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario