xoves, 14 de xullo de 2016

De soños e historias: AFP


Agustín Fernández Paz escribía historias que soñaban; historias que representaban mundos nos que os soños buscaban un lugar.
Os valores democráticos tiñan unha carta de identidade no relato, por iso nos gustaba lelo, porque sempre había un raio de esperanza no rastro que deixamos. As mulleres eran as donas da historia, nunca nos viramos tan visibilizadas, a paz estaba en alza igual que a xustiza, a historia acababa facendo xustiza e nós sempre necesitamos crer. Quen atopou un relato no que se coara, por algunha rendixa, algo indebido?
O profesorado podía confiar, el era mestre da renovación pedagóxica; era un innovador que traballaba a tradición con toda a responsabilidade dos progresistas.
Un mestre escritor. Un profesor innovador. Un galego defensor da identidade para colocarse no mundo en pé de igualdade, enriquecéndoo, achegando o noso pouso cultural.
AFP trouxonos os premios que a literatura infantil e xuvenil galega precisaba, pena duns anos máis (e algo de forza) para conseguir o Ándersen que tanto merecía. Que tándem con Miguelanxo Prado! Que pesar de chegar tarde ou non chegar...


Ningún comentario:

Publicar un comentario