Sempre botamos de menos certos materiais en galego.
Agora van aparecendo. Igual que o fan determinados materiais que nos poñen en comunicación con personalidades que ian desaparecendo nunha nube de invisibilidade. Cando se trata de mulleres esta néboa semella medrar.
De aí que deamos benvida a este material de Ouvirmos, referido a Eugenia Osterberger (Santiago de Compostela 1852 - Niza 1932. Unha
compositora galega que traballou a cabalo dos séculos XIX e XX contribuíndo
de forma singular á creación dunha música galega académica de raíz
popular, creando ducias composicións para piano solista así como
cancións ou melodías galegas para voz e piano. Ademais,
participou de forma activa na vida cultural e social da Coruña e
Compostela, cun contacto moi estreito con Emilia Pardo Bazán, Sofía
Casanova, Canuto Berea ou Filomena Dato e foi académica correspondente
da Real Academia Galega desde a súa fundación. Porén, hoxe en día é toda
unha descoñecida, mesmo nos ámbitos estritamente musicais.
A publicación do libro-CD Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque (1852-1932),
que percorre a súa vida, analiza a súa obra e permite escoitar 15 das
súas pezas de orixe máis popular, con Beatriz López Suevos ao piano e a
voz de Susana de Lorenzo. Tamén participa no estudio Rosario Martínez.
Gústanos ler frases coma esta: "Eugenia Osterberger contribuíu de forma singular á creación dunha
música galega de raíz popular. É a única compositora galega da Belle
Epoque"
Máis información nos enlaces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario