venres, 20 de outubro de 2017

Un novo concurso de relato

A verdade é que todo o que signifique lembrar aos nosos escritores (especialmente a aqueles que estiveron máis comprometidos coa nosa literatura) sempre nos parece ben. Pero hai "cousas"que non poden deixar de dar pena, como as oportunidades perdidas.
Neste país vai habendo concursos de narrativa... algunhas persoas incluso din que xa son de máis. A min nunca me sobran. 
O que non hai son certames nos que se promova o teatro, a poesía, a banda deseñada ou o libro informativo infantil, e bótanse moito de menos, ata o punto de que nos entra a dúbida de que é o que pasa pola cabeza das persoas que realizan as convocatorias. Se miramos os datos da cantidade de libros publicados de cada un destes xéneros veremos que hai unha gran desproporción e que estas desigualdades, sempre que sexa posible, hai que tentar compensalas, e unha da maneiras de facelo é coas convocatorias de premios. Revisemos ese dato e sintamos vergonza. Se quitamos os do AGADIC para o teatro, tiñamos os premios Estornela de Teatro e Arume de Poesía da Fundación Neira Vilas que se alternaban cada ano... non sabemos moi ben que pasou pero semella que a convocatoria do premio Xosè Neira Vilas de Novela Curta mantén aos outros dous ou ven no faiado da casa ou ben desaparecidos. Agora aparece un premio Agustín Fernández Paz de relato curto e xa aparecera un co mesmo nome do autor de narrativa pola igualdade...
Que nos está a pasar?

Ningún comentario:

Publicar un comentario