Da presentación editorial: "No Parque Nacional de Doñana, Vera desenvolve un vínculo inquebrantable coa natureza e co seu destino. A súa relación cos animais, especialmente co lince ibérico, vai marcar o seu futuro. Impulsada pola promesa que lle fixo a Félix, o lince que a acompañou durante toda a súa infancia, convértese en bióloga dedicada á conservación. A súa misión é clara: desenvolver o proxecto Life Lince, a ambiciosa e frutífera loita por salvar o lince ibérico da extinción."
É a historia contada, en primeira persoa, dunha nena que vive no Parque Natural de Doñana e asiste á case extinción dos linces ibéricos. Ela adopta unha lince que atopa miañando perto da casa onde viven e a pesar de acordar (coa familia) devolvela ao bosque o animal volve e vai madurando con eles. Mentres a rapaza vai avanzando nos estudos (primeiro EXB e logo BUP) e lince ten unha camada e atende ao instinto aínda que volve coa amiga cando abandona á camada, pero no segundo embarazo lago pasa... morren as dúas crías e a protagonista descobre (grazas a todos os estudos que realiza e a observación) que é pola consinguinidade da especie ao estar moi disminuída pola caza furtiva. Ao final, a mesma lince é cazada e a moza promete non parar ata revertir a situación. Lógrao a través dos seus estudos e investigacións.
Unha fermosa historia na que a través da mirada atenta á natureza, ao parque, aos animais... tamén podemos observar o paso do tempo inexorable, a morte dos maiores, pero sobre todo a forza das decisións, dos proxectos de vida. O nome da lince que comeza sendo Félix (mentres non se dá conta de que é femia) fainos pensar no zoólogo Félix Rodríguez de la Fuente que tantas carreiras, vocacións e sensibilidade espertou a través dos seus programas televisivos. Canto se botan de menos iniciativas dese tipo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario