O detective Gatlock en
Ataque no país dos samugatorais
de
Sebastián Pérez e
Benjamín Lacombe, publicado por Tambre. En formato
pequeno unha historia ilustrada na que se xoga con diferentes formatos
de ilustración, espazos moi aireados alternando con outros barrocos como
con terror vacuo. Unha historia de panda de gatos, ven un gato que se
repite, está quieto e move a man saudando aos transeúntes nos
escaparates, cólleno e van indagar que lle sucede, será que está na
sétima e última vida e por iso non fai máis que ese movemento? Percorren
a cidade, pelexan cos samugatorais ata que acertan. Unha serie con
personaxes definidos e axeitada para a lectura. A tradución é de Isabel
Soto e está publicado en Tambre.

Camiño portugués de Costa. Busca e atopa no Camiño de Santiago. Da autoría de Noelia Muíños e Ramón Quintás, publicado por Hércules. Cada cidade á dereita en debuxo e á esquerda un poema a base de pareados. Di que busques e atopes personaxes célebres, festas tradicionais, gastronomía... Un libro, tamén para xogar.
Lúa quere ir a... Marte de Celtia Figueiras, ilustrado por Marcelo P. Fernández e publicado por Guindastre. Un deses libros que responden á igualdade, ao dereito das femias (de calquera especie) a soñar o que queiran e logralo e a que os demais se fagan cargo dos coidados que semellaban ir destinados a elas. Celtia acaba de chegar de viaxar, conta a felicidade que lle produce e seu irmán dille que agora ela coidará da avoa, pero Celtia soña con facerse astronauta, vai ao parque e atopa o amigo gato que lle di que agora que xa viaxou poderá casar e formar unha familia; de volta á casa atopa ao amigo rato e cóntalle o seu proxecto profesional... el ve difícil logralo porque hai que estudar moito, pero ela está disposta a todo... Cando chega á casa a avoa entrégalle unha carta dirixida a ela que chega dende Gatanasa e xa se aclara todo, admitírona e todo se soluciona, o irmán coidará da avoa e ela traballará moito pero logrará viaxar á Lúa. Igual, por primeira vez aparece o tema dos coidados e o futuro de muller e nai claramente. Tal vez demasiado burdo pero real e a solución moi doada como se o irmán non tivera soños propios e a avoa só quixera cumprír os dos demais. Trátase deste álbumes grandes e case cadrados con pasta blanda e con ilustracións simplemente correctas. Vemos nos gatos o que podería ser complicado mostrar en humanos.
