domingo, 17 de xuño de 2018

"Nós pensamos que o imposible é posible"

Esa ("Nós pensamos que o imposible é posible") é a frase de Ariel Dávila y Christina Ruf cando poñen en marcha Utopía (una experiencia interactiva para bibliotecas na que o usuario é protagonista).
É a volta a Fahrenheit 451 de Ray Bradbury. Un par de persoas van a intentar conseguir o libro que salve a biblioteca mentres a coñecen palmo a palmo. Unha boa formación de usuarios metidos en plena aventura.
Din os autores da iniciativa que quixeron poñer o foco en algo positivo nun contexto local, nacional e global que senten un tanto desolado. A idea da biblioteca como illa utópica onde se garda a memoria onde podes entrar e estar libremente sen que ninguén che trate como consumidor ou cliente senón como usuario dun servizo público. 
Pois si, trátase de ir á busca do público activo e arredor dos textos utópicos.
Ver toda a infrmación no seguinte enlace

mércores, 30 de maio de 2018

Constelacións literarias I. Muller e igualdade. Relacións interxeracionais


Gustamos da mestura, de todo tipo de mestura.

Gústanos a policromía, todo tipo de froitos e flores,... e gústannos as relacións interxeracionais, como as que aparecen nestes tres botóns de mostra, na voz das mulleres para contar historias de avoas e netas.

venres, 25 de maio de 2018

Constelacións literarias I. Mulleres pola igualdade. Diversidade sexual


Diversidade sexual.
Non todos somos da mesma cor.
Hainas que gustan do chocolate e outros prefiren o café.
A estas alturas podemos falar de heterosexuais, homosexuais, transexuais...
O importante é que cada unha, que cada un, estea con quen queira, en pé de igualdade, respectándose. 
Un segredo do bosque

mércores, 23 de maio de 2018

Constelacións literarias I. Mulleres pola igualdade. Feminismo

 
















Canto lle debemos ao feminismo!
Non só as mulleres, tamén os homes.
O feminismo busca eliminar as desigualdades de xénero, defender os dereitos das mulleres, liberar a homes e mulleres dos roles marcados tradicionalmente e dos estereotipos que nos aprisionan. Grazas ao feminismo avanza o mundo, transfórmase, facendo unha sociedade máis xusta e libre. Grazas a esa loita as mulleres votan, traballan por rachar os límites en estudios e traballos, e fan forza por acabar co teito de cristal.
Hai libros que buscan mostrar as contradicións e as inxustizas dunha sociedade machista, para que podamos evitar a súa continuidade.  
Azul e Rosa