Círculos de lectura e outras circunstancias
Accedo a información sobre un círculo de lectura que se dá cita un día da semana, a unha hora determinada, nunha biblioteca, para ler en voz alta despois ou antes de presentar o texto, falando del e do autor, explicando a escolla. A xeito de recomendacións. Nalgún caso, tamén presentan algo escrito por eles. E tamén accedo a un artigo onde se recolle a relación de varios futbolistas (Valdano, Manuel Fernández Fernández que lía obras prohibidas pola censura franquista ou Juan Mata que le a Murakami) cos libros e a lectura. Remata o autor lembrándonos os beneficios da lectura "aumenta a perspectiva que temos sobre as cousas, alimenta a
imaxinación e a creatividade, estimula a conectividade neuronal e, sobre
todo, fai aos homes máis libres e menos maleables. Tamén relacionado co fútbol, aparece unha iniciativa que tenta animar a ler a un grupo de futbolistas relacionados coa universidade, UNAM, un escritor, Benito Taibo, coméntalles "os libros sirven para contarnos de que estamos feitos e de que somos capaces", non se podía dicir mellor! Aínda me chama máis a atención o título "Como non che vou a ler" que nos pode suxerir máis dunha actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario