Un par de libros que recollen a diversidade.
A doniha e o taxidermista de Séchu Sende publicado por Diario Liberdade,
Fundaçom Artabria e Semente Compostela.
Escrito e ilustrado por Séchu Sende, un diario
escrito entre o 15 e o 22 de outubro de 2014
Con motivo da inauguración do Museo de Historia
Natural Luís Iglesias da USC o autor vai contando as visitas cos seus fillos e
todo o que sucede arredor... destes feitos e dun estraño taxidermista.
Nun galego que non é o da normativa oficial e unhas historia que é o cotián no que se introducen outro elementos.

Dominicanas somos de Enrique Mauricio e Carlos Taboada publicado pola Asamblea de Cooperación pola Paz.
Unha historia contada en cómic na que o importante non é a calidade do relato nin o debuxo nin a ilustración senón o que se nos cona acerca dos cambios que se están a producir a respecto da muller dominicana que se empeña en mellorar a súa vida, traballar e estudar, organizar negocios coa axuda das ONG e enfrontarse (dunha maneira moi suave) ao machismo para cambialo sen crear conflito (polo menos nesta historia). Interesante para ver esa visión da muller negra e latinoamericana, a aceptación do seu físico, para visibilizar o problema dos descendentes de haitianos na república dominicana, para coñecer a aparición das promotoras (de saúde, hixiene, prevención de droga e violencia...) e ir aclarándose cun glosario, unha información sobre a cultura taína, o movemento 4% do PIB para educación, unha receita típica e a explicación de como naceu o libro “Dominicanas somos” grazas a unha subvención da Xunta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario