A viaxe de mamá de Mariana Ruiz Johnson que xa obtivera o V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado con Mamá en 2013.
Neste caso, a tradución de Manuela Rodríguez, e está publicado por Kalandraka, na colección Demademora.
Metémonos na pel dunha familia de elefantes, máis ben no corpo da filla elefanta, que asiste aos preparativos da nai para a viaxe, despídea no aeroporto e retoma a vida co pai ao longo dese tempo.Un tempo diferente, no que lles cambia a vida: será o pai quen lle conte os contos, métese na cama dos pais, queda en pixama vendo a tele... é dicir, facendo todo o que non fai cando está a nai. Pola noite falan con ela por videoconferencia para que lles conte todo o que fixo, ata que volve e, daquela, os días volven a ser o de sempre; recobran a rutina.
Un conto moi interesante para ter a man cando a nai sae de viaxe, anda que pode dar algún desgusto, en vista da permisividade do pai elefante.

Ningún comentario:
Publicar un comentario