luns, 2 de abril de 2018
A mensaxe e o cartel do Día do Libro Infantil
Como todos os anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.
Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro do IBBY é o encargado de seleccionar un escritor ou escritora e a un ilustrador ou ilustradora para que redacten a mensaxe e deseñen o cartaz para todos os nenos e nenas do mundo.
No 2018, o país encargado é Letonia: a mensaxe é unha creación da escritora e editora Inese Zandere e o cartaz, do recoñecido ilustrador Reinis Petersons.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario