xoves, 4 de xullo de 2019

Teatro en libro


Somos os monstros de Paula Carballeira acadou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018. Publícase, agora na Biblioteca Dramática Galega de Xerais con ilustracións de Ignacio Hernández.
 Unha nena e un neno perdidos no bosque, que nos lembran? Pois si, no bosque hai sempre monstros, neste caso unha monstra grande e un monstro pequeniño, está o pai dos nenos e a xente -en xeral- que os busca.
O mellor os dialogos, conversas moi curtas, áxiles, cheas de chispa. Certezas como:
"Monstro Pequeno: Non temos casa.
Monstro Grande: Non temos nada.
Monstro Pequeno: Por iso somos tan poderosos.
(...)
Monstro Grande: Á xente non lle parecemos graciosos.
Monstro Pequeno: A min a xente tampouco me parece graciosa.
(...)
Monstro Grande: A xente chámanos feos, crueis, carnívoros.
Monstro Pequeno: Eu véxopme guapo no espello da auga.
(...)
Nena: Es un verdadeiro monstro!
Monstro Grande: E ti unha verdadeira nena!
Nena: Vasme comer?
Monstro Grande: Pode ser...Se me entra a fame."

Unhas ilustracións moi interesantes que caen, un tanto, cando lembran a obra de Jacobo Fernández.
Temos que dicir, unha vez máis, que cando Paula se po  a escribir teatro é unha garantía. Daquela sabemos que contaremos cunha boa lectura de teatro. Que cunda o exemplo!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario