Este é o cartel de Óscar Villán para o lema, con todos os cadriños onde podemos observar como se cría e medra a cidadanía. Paso a paso, coaas horas debidas e as posibilidades ao pé de cada día.
Así o presentan desde a asesoría:
"Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos
seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a
comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa
intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode
ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a
organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente,
sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar
poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao
coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a
creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a
vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal,
para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria".
Xa está todo dito, agora é a tempo de actuar!
Poucas veces foi tan necesaria a cultura de paz e de responsabilidade, os deberes ao lado dos dereitos, a escoita sen buscar calar ao outro senón para complementalo, o común por riba do propio e e defensa do mundo: do micro e o macro, da identidade e a empatía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario