O primeiro que atopamos é un retrato de Fino Lorenzo na cuberta do libro. Logo, o retrato que as dúas amigas escritoras van tecendo arredor dunha serie de eixes: a libraría que montou en Pontevedra cun grupo de amigos (que lle vai dar pé para falar da Ditadura, os libros e autores prohibidos, a solidariedade, falta de libros e bibliotecas...), a infancia (nómade, indo dun lugar a outro seguindo o traballo dos pais, a famila,...), a orfandade de pai (a dispersión dos irmáns internos para facer o bacharelato, a universidade e as primeiras docencias), os cachorros (referíndose aos diferentes cans e os libros nos que os usa como personaxes), na pel das outras persoas e tirar a luz das sombras (a súa relación con Galicia, os libros, a adopción dos seus fillos, o traballo de oio á lingua, o eu amor polos outros cachorros como chamaba ao alumnado, a enfermidade...) para rematar con "No Arroás , a toda vela!". Dúas mulleres que a coñecen moito falan sobre ela, centrándose en ámbitos imprescindibles e apoiándose na voz dos irmáns para recuperar a infancia.
Pero o libro é máis que iso. O libro recolle as obras publicadas pola autora á que se lle dedican as Letras, e unha liña do tempo que ela soa valería para darlle valor ao libro, na que cada ano se fai corresponder coa vida e obra da autora nunha columna e na outra se recolle o que acontece de interese "En Galicia, España e no mundo" plasmando unha serie de datos, moitos deles relacionados coa literatura e a edición galega, con feitos históricos nos que non acostumamos a pararnos e con fitos relacionados coa literatura infantil e xuvenil galega.
Esta liña do tempo seméllame una acerto, igual que as referencias históricas que aparecen en cada un dos capítulos para que a apazada que le o libro caia na conta de que aqueles tempos eran moi diferentes a estes, e non queda máis remedio que contarllo. Tamén me parece un acertoa utilización de fotografías, documentos e ilustracións dos seus libros
Ningún comentario:
Publicar un comentario