Versos viceversos de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos con ilustracións de Juan Ramón Alonso, publicado por Kalandraka.
Non son moi comúns pero de vez en cando aparecen estes libros escritos a catro mans. Antonio García Teijeiro é un asiduo, gusta de compartir e camiñar de par doutros.
No limiar de Antonio Rubio, pregúntase "Dúas voces alternándise? Unha voz que resulta da unión de dúas voces? Ou un libro de versos escrito a catro mans?"
Na presentaicón editorial: "Un diálogo
poético a dúas voces (e un pincel). Versos do norte e versos do sur que
van e veñen como as ondas do mar, que testemuña o seu intercambio
literario e lingüístico."
Un fermoso libro cunhas ilustracións fantásticas nas que o artista introduce as súas propias metáforas coa utilización dunhas cores frías e limitadas que achegan ese ensimesmamento necesario para os versos.
Unha pequena cata:
"Libros pechados: que soños roubados!
Libros abertos: sorrisos e acertos.
Libros pechados: barbeitos xeados.
Libros abertos: outonos espertos.
Libros pechados: mil versos calados.
Libros pechados: fermosos concertos
Libros abertos: tesouros gardados.
Libros abertos: abrazos ben certos."
Ningún comentario:
Publicar un comentario