O padre Aldán guía un grupo de frades irlandeses por Galicia, na busca dun monasterio onde gardar un poderoso obxecto, que trae dende Irlanda. O mesmo artefacto que séculos máis tarde buscarán os nazis e que servirá para unha trama de espías no momento actual arredor da Universidade de Santiago de Compostela. Unha gaita que contén o mal, que quen a toca fai medrar tamén dentro de si e que provoca mil e un enganos ao longo do tempo, mil e unha loita para poder quedarse con ela. De novo, o esoterismo ligado ao nazismo (o doutor Fausto Wesster
procúraa para o Führer, sabendo que de atopalo, o ditador acadaría a gran
vitoria que desexa para os nazis sobre Europa). E, de novo, a falta de escrúpulos na momento actual, tanto na universidade como no comercio da arte. O poder do mal, pena que ese poder, unha vez máis se coloque do lado das mulleres, neste caso unha fermosa gaiteira de familia de gaiteiros que todos adiviñamos... non sei se ela estará moi contenta de verse convertida en personaxe malvado.
Chama a atención, que unha vez máis, aparece o mantra da nosa literatura (dos "Agradecementos" recollemos "grazas a Francisco Castro, en nome da Editorial Galaxia, por confiar en alguén coma min. Un rapaz da aldea. Coma quen di un ninguén") recollido por un novo.
Lobísimo do saco. Tres titiritadas de Bernardino Graña

Tres
pezas de teatro infantil: Sinfarainín contra don Perfeuto, Os burros
que comen ouro (nunca cabalos serán) e Lobísimo do saco. De épocas diferentes, a primeira delas foi finalista do Concurso de Teatro d´O Facho no ano no que ganou Casares con As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e que, naquel tempo se publicou na revista Grial. Di Bernardino Graña que así como esta primeira obra ten como tema central a crçitica ao réxime de Franco con ese reloxo que o controla todo, en Os burros
que comen ouro (nunca cabalos serán) a crítica diríxese cara ao diñeiro e a falta de xustiza e, na última delas, Lobísimo do saco, o tema é a democracia.
Os animais son os protagonistas destas historias que conteñen moito
humor, pero tamén invitan a reflexionar sobre o abuso do poder, a
tiranía... en definitiva, o terrible que é para unha sociedade perder a
liberdade.
Remata cun epílogo de Ramón Nicolás no que analiza estas tres pezas falando deste personaxe que lles dá unidade, Sinfarainín, e das características desta xinea de teatro infantil: simplicidade nos diálogos, potenciación da axilidade comunicativa e escenas de filiación máis ou menos humorísticas ou cómicas. Todas elas cun contido simbólico de loita contra a tiranía e a tontería, que -por veces- pode semellarse.

Ningún comentario:
Publicar un comentario