Os corpos invisibles de Emma Pedreira, conseguiu o premio Jules Verne de Xerais, na última convocatoria.
Dúas mulleres en circunstancias moi diferentes pero igualmente desfavorecidas. L. C. de quince anos, vítima da explotación social e económica naqueles primeiros anos de revolución industrial nos que a rapazada comezaba a traballar moi cedo e era sometida a todo tipo de vexacións (por débil, nova pertencendo á cadea de produción dende os oito anos, muller, pobre...). Unha verdadeira escravitude.
A outra, Prometea Stoner, unha
muller de familia acomodada con unha rara enfermidade pola que vai perdendo o dominio do seu corpo e se ben comeza valéndose dunha cadeira de rodas motorizada asistiremos á perda de sensibilidade da maior parte da súa estrutura física. De fráxil saúde, cunha lenda arredor da súa vida (co pelo brando e a roupa sempre negra dende o día aciago no que ía casarse e non foi posible) e unha amplísima autodidacta centrada especialmente na súa enfermidade, en medicina, enxeñeiría e literatura especialmente na escrita por mulleres.
Dúas vidas que se encontran nun momento determinado e se atan polo que teñen en común: o desexo de liberdade e a non discriminación por razón de xénero, a asertividade e o empeño en conseguir os seus anhelos, a defensa das mulleres... pairando sobre todo iso, a nova Prometea que como Frankenstein será construída con partes de outras (mulleres escritoras: Charlotte e Emily Bronte, Apha Behn, Ada Lovelace, Jane Austen, George Eliot, Christina Rosetti) pero que se nega a recibir o nome do artífice que cumpre as ordes do creador ou creadora, o novo deus ou deusa que recolle os pecios do pasado para reivindicar o dereito a ser de todas e cada unha das mulleres, porque máis alá do misterio e as posibilidades da ciencia están as loitas sociais das mulleres acadando o seu destino.
Só un comentario: que pasaría se tivera un pouco máis de pouso, se non fora o resultado dunha case aposta, se o papel fora caro e houbera que escribir máis paseniñamente?
Prometea Stoner traballando sobre o seu propio corpo cos corpos de outras mulleres adiantadas ao seu tempo e escrínbindo á creadora do outro Prometeo, Mary Shelley. Un encontro, a través do tempo, entre dúas mulleres que crean e recrean tan domo deusas.
Prometea Stoner traballando sobre o seu propio corpo cos corpos de outras mulleres adiantadas ao seu tempo e escrínbindo á creadora do outro Prometeo, Mary Shelley. Un encontro, a través do tempo, entre dúas mulleres que crean e recrean tan domo deusas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario