xoves, 5 de novembro de 2020

A última obra de Rivas

O Chispas de Manuel Rivas con ilustracións de Sonia García na colección Sopa de Libros de Xerais.
Unha noveliña dirixida a lectorado a partir de doce anos.
Así se presenta: "O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos cracks, que fabrican a realidade e se rexen por modas. E agora a moda é o Chispas. Un músico cósmico!"
Así comeza...
"Son feo, son triste e aínda por riba estou namorado.
O meu nome é O Chispas.
Herdei o alcume de meu pai. Era electricista e morreu colocando as luces de Nadal. Eu era aínda un cativo. Dixéronme que fora un lóstrego.
E son músico. Músico, músico. Músico da música.
Un músico cósmico.
Non, cómico non. Iso é unha confusión, un erro, unha disonancia, unha cacofonía, un ruxerruxe, unha fama que me apuxeron. O de que son cómico é unha desas parvadas que chaman fake news, unha noticia falsa. Unha trola."
A linguaxe de Rivas, esa corrente de creatividade verbal e lírica, os tacos, esa  e unha historia con outra realidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario