Alcaldesa Vermella de El Hematocrito, con ilustracións de Mar Villar, tradución de Anaír
Rodríguez e publicado por Xerais.
Estamos no bosque
con todos eles, con todos os personaxes dos contos tradicionais dende a
madrasta que segue a preguntarlle ao espello quen é a máis fermosa ata
Garavanciño, o xenio da lámpada, os tres porquiños metidos a construtores,
Carapuchiña, Hänsel, Cincenta... cando chega o xenio da lámpada para instalarse.
Ao descubrilo, comezan a pensar que lle van pedir, pero o xenio xa está xubilado
e busca descanso; non ten poderes, perdeunos ou xa cambiou de estratexia. Nese
proceso de solicitudes sucede algo marabilloso, Carapuchiña tenta por orde nas
peticións de cada un para chegar a unhas solicitudes comúns, que lles veñan ben
a todos e a todas. Cando se entrevista co xenio, el mesmo lle dá a solución:
que celebren eleccións e que eles mesmos cumpran os seus desexos. E como
estamos nun conto... suceden cousas marabillosas, de non crer!
Di Bragado que este é o mellor Hematocrito cunha "historia sobre o valor da representación e da participación para artellar o espazo do común." E, por riba con ese título que queiras que non lembra a outras mulleres (de casta noble) que tamén foron vermellas.
Unha vez máis, El
Hematocrito non decepciona e a ilustradora tampouco, aínda que os resultados
son desiguais, algunhas imaxes moi boas e ricas, outras, non tanto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario