Teño dereitos de Miguel Robledo (ás imaxes) e César Lorenzo (aos textos) publicado por Aira Editorial e promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades.
Así se presenta:
"Busca ser un libro informativo sobre os principais dereitos humanos,
contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través
dun universo colorido e simbólico moi moderno.
No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas.
Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa
orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser
protexido. Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o
ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades."
Que máis podemos pedir?
Libros informativos tamén centrados en aspectos tan fundamentais da sociedade, en mostrar os dereitos que todo ser humano ten polo feito de selo, pequeno ou pequena, con unhas ou outras características, diversidades de todo tipo ou o que sexa, en algún sitio nos tiveron en conta a todos e todas nós para asegurar o nosos dereitos. Coñezámolos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario