Da banda deseñada á música en libro.
Luzbell. O demo bombilla de Xosé Tomás e Diego Rosales. a presentación editorial di:
No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzell, o demo bombilla. Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza e a destrución aos humanos… Se lle deixan!!!" Que pasará?
María Fumaca. O veleiro verde O tren de María Fumaça segue percorrendo novas rutas e agora faise á mar con O veleiro verde
(Sonárbore Galaxia, 2019), un novo libro-disco no que Uxía Senlle e
Sérgio Tannus volven encabezar este proxecto musical integrador coas
composicións de Chus Domínguez e as ilustracións de Pablo Pastor. Desta
volta a familia María Fumaça ofrece un percorrer que vai medrando en
gustos e influenzas do mesmo xeito que medra Ruí, o maquinista arredor
do que se fai o proxecto e que xa está na adolescencia o que conduce a
unha evolución lóxica nun proxecto vivo e en constante movemento, que
deste xeito tamén acompaña a aquela rapazada que creceu con el. Novos libro+cd de Xoán Curiel, que regresa con A casa do terror.
PREMIO MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario