domingo, 18 de abril de 2021

Unha de teatro: "Contra o reloxo" de Carlos Labraña

 

Galaxia está a publicar teatro e iso é algo que nos enche de ledicia. Canta máis variedade teñamos máis se lerá e, de paso máis se escribirá e publicará.

Contra o reloxo ten moito de comedia de enredo, dun pouso de tristeza que acaba rindo seguindo o mandato das caretas que representan o teatro. A obra desenvólvese nunha tenda: unha reloxería, á que imos seguindo, dende que a monta un mozo, ata que este se fai vello e queda viúvo. Unha etapa amarga. A filla tenta alegralo convencéndoo para que non se deixe ir e continúe en activo, aínda que iso implique algún engano. O par de mozos, que se repiten en tres idades distintas, facendo de empresa de transporte familiar ao lado deses dous ladróns que saen demasiado ben parados, danlle un toque de humor que sempre é acaído. E, con eles, un veciño farto do tic tac, que non lle deixa durmir. Ingredientes suficientes para pasalo ben lendo e asistindo á representación... Si, porque Carlos Labraña é director e actor na copañía Os furabolos e seguramente xa ten na cabeza o escenario.

Carlos Labraña vén sendo un dos dramaturgos, especialistas en infantil, que máis obras está dando á imprenta. Sempre agradecemos que o faga!

Ilustrado por FonsoBarreiro e publi

Ningún comentario:

Publicar un comentario