luns, 19 de xullo de 2021

Un par de álbumes

 

Un pouco perdido de Chris Haugton, publicado por Nubeocho

Unha cita abre o álbum: "Nunca valoramos a nosa situación ata que empeora, nin sabemos apreciar aquilo que temos ata que o perdemos" Robinson Crusoe, Daniel Defoe.

Un libro precioso, cun mínimo de elementos e cores vivas e quentas pero moi harmoniosas, algún xogo de lapelas e unha fermosa historia. O pequeno moucho está coa nai na póla, dálle o sono e cae. No chan aparece o esquío que lle pregunta se está ben ao queel contesta que "perdido" e pregúntalle pola nai, vai ter que darlle datos: "é grande"; daquela o esquío lévao a xunto a osa, "non, non é"; "ten as orellas arrufadas", entón lévao a onde a coella, "tampouco é"; "ten os ollos grandes", daquela lévao onde a rá "que tampouco é", pero a rá ten a solución, ela coñece a nai porque o ana buscando pola fraga así que a buscan e todos soben ao niño a merendar. Todo parece rematar ben, pero un novo o perigo axexa... menos mal que está vez están atentos á xogada. 

Miles de libros de Eduardo Baamonde publicado por Almacén de fábulas. 

O neno, que protagoniza a historia, vai afirmando que lle gustan os libros: por dentro e por fóra, do dereito e do revés, abrilos e pechalos, medidos e pesalos, lelos pola noite ou pola mañá, o recendo que teñen, o tipo de libros que existen e todo o que nos poda pasar pola cabeza. É unha enumeración de enunciados relacionados cos libros que van completando as páxinas, nas que as ilustracións o enchen todo, con imaxes relacionadas co asunto. Un par de asuntiños fan que diga algo que normalmente non fago por respecto a todo o que se publica en galego: nos colaxes aparece algunha imaxe que igual non interesaría demasido tendo en conta o rol da muller que aparece na publicidade, da mesma maneira que neses mesmos colaxes aparecen os textos en castelán e igual que sucede na páxina web da editora, é dicir, a mensaxe de fomento da lectura vese algo distorsionada por esas imaxes que non atenden a outros valores, igual que o idioma da páxina. Recollemos da presentación editorial, traducindo: Álbum infantil orientado a fomentar o gusto polos libros. Non só pola lectura como finalidada esencial, senón polo libro como obxecto de goce, de coñecemento, de consulta, de ocio".

Ningún comentario:

Publicar un comentario