Acaba de entregarse o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que nesta edición número XVIII recaeu en en Arianna Squilloni e Raquel Catalina coa obra Grande e pequena. Arianna é ademais de autora, editora; traballou en Thule e na mexicana Progreso ata poñer en marcha o seu propio proxecto: A buen paso.
Kalandraka publica esta obra en galego, castelán, catalán, euskera e portugués.
A acta do xurado destaca que «Grande e pequeña» responde “perfectamente” ao concepto de álbum ilustrado, “onde o texto e a ilustración se complementan de forma harmónica”. Trátase dunha historia “cun sutil trasfondo poético e de múltiples lecturas”, dende el paso do tempo yel memoria, á naturaleza, pasando pola arte. “Na súa composición narrativa resaltan os silencios que amplían a capacidade da persoa lectora para reflexionar sobre a viaxe vital da protagonista, unha anciana que regresa da ciudade ao campo”, engade o xurado. Desde o punto de vista plástico apréciase “un uso contido da paleta cromática, en contraste co tratamiento do branco e negro”; unha obra que se redondea, a nivel técnico, a través da “diversidade de enfoques, perspectivas e a secuencia de imaxes”.
Natalia nace nunha casiña ao lado do bosque, ao medrar quédalle pequena, marcha á cidade e alí desenvolve a súa vida de adulta. Na madurez, un día síntese pequena, a cidade quédalle grande e resúltalle difícil seguir vivindo alí. Volve á casiña, a orixe, e a pesar de que lle parece que ese é o tamaño acaído, continúa a encoller de forma que a pode levar o vento ou perderse entre as herbas, por iso decide afastarse moi pouco da casa. O que seucederá, a partir de agora, terá que ser neste medio. A casa pasa a ser un lugar que non debe visitarse ata que un sen teito a atopa e decide entrar. Daquela Natalia vaille bisbando ao oído os seus arrolos de nena e moitas outras cousas que lle axudarán a recompoñerse ata converterse nun artista: unha voz feminina que o guía, o protexe e o inspira.
Unha casa, unha muller, unha viaxe de ida e volta. Medrar e minguar como Alicia, ao longo da vida que é iso: un ir e vir do mínimo ao máximo para rematar no mínimo. A volta ás raíces porque coma árbores se nos nos enraizamos desaparecemos. A volta á natureza coma no principio dos tempos. Principio e fin na mesma páxina, orixe e destino. A volta á casa familiar, ao lar no que o tamaño non importa e a proporción se equilibra, por iso cando se fai minúscula poderá falar ou cantar sen ser vista pero a súa voz continúa a dialogar coa vida. A recuperación dunha traxectoria a piques de fracaso grazas a ese encontro entre o adulto e a anciá, nesa casa refuxio na que un novo estilo artístico vai evolucionando: o abstracto xogando coa representación da natureza próxima, porque tamén na arte haberá que volver á orixe de vez en cando, mesturando o último co primeiro, a cidade co campo.
Natalia é grande e pequena, medra e encolle. É natureza e urbe. É nena e vella. É vida que acompaña a vida.
As imaxes envolvendo a historia, coas flores dun mundo fermoso representando a natureza, coa casa refuxio de artista contemporáneo, con momentos máxicos como esa minúscula Natalia cantándolle a canción de berce na orella do vagabundo ou aquela outra na que cando se sente pequeniña na cidade, está á altura do neno que lle mostra a flor no sumidoiro e a mirada dese meniño compensa todo o que non se diga no álbum.

Ningún comentario:
Publicar un comentario