Amosando publicacións coa etiqueta Antonio Rubio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antonio Rubio. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de novembro de 2025

Do berce á lúa

 


Dous novos libros da colección Do berce á lúa: Flores e Limón de Antonio Rubio e Óscar Millán.

Dous poegramas para xogar coas froitas ou descubrir as flores que medran no xardín. Cada exemplar de ''Do berce á lúa '' é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación. Apoiándose nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, retrouso, acumulación...) e en imaxes recoñecibles que destacan sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitas nenas e nenos. Neste caso, 'Limón convídanos a xogar coas froitas e froitos silvestres e a descubrir quen se agocha dentro dunha misteriosa caixa: a protagonista máis pequena da casa.” En Flores achéganos á variedade de plantas e especies vexetais que poden medrar no xardín.”

En cada un dos libros imos repetindo un par de versos simples e rimados, de forma que cada flor é para un neno ou nena ata derivar -na plana final- xuntándoos nun xardín: nenos e flores. En Limón o xogo é diferente: repetimos a palabra que lle dá título na cara esquerda para completala na dereita alternando sorpresa con diferentes froitaa e princesa que sserá a que na última plana recollerá cada unha das froitas porque é unha princesa con boca de framboesa e pendentes de cereixa.

As ilustracións de Óscar Villán son igualmente sinxelas e claras, reiterativas, conseguindo unha unidade total.

Pastas duras para facilitar quer as criaturas podan movelas coas súas mans aínda torpes, cos seus dedos gordechiños.

Unha fórmula de éxito para introducir a poesía nas primeiras idades, para ler coas crianzas dándolles cada vez máis autonomía, para que elas se sentan competentes.


domingo, 8 de decembro de 2024

Novos formatos, nova dimensións: "A que sabe a lúa?" e "Animais"

 

 A que sabe a lúa? de Michael Grejniec aparece, de novo, en Kalandraka, agora en tamaño G XL, seguramente para contar a un grupo de criaturas co libro mirando para eles. 

"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo..." Ata que un día, os animais soben uns por riba dos outros (sen importarlles cal sexa a súa natureza) para chegar á lúa. O último é o ratoque colle un anaco e o probra, despois pásalle un anaquiño a cada animal; a cada un deles sábelles tal como o imaxinaran. O peixe que o observa todo pensa que esa é unha traballeira inútil pois hai outra lúa moito máis cerca, no lago. 

Darlle unha dentada á lúa, quen non o terá soñado? 

Animais de Antonio Rubio e Óscar Villán, tamén en tamaño grande, non tanto coma o anterior pero si moito máis que no que estamos a costumados a ler a colección Do berce á lúa.

Poesía visual, rimas,  uns versos que se van alternando para repetir " Caracol caracol    crocodilo / fan xuntos     unha roda de amigos" Lendo sen necesidade de coñecer as letras pasando os dediños polas imaxes.

Da presentación editorial: "Os títulos máis coñecidos da colección 'Do berce á lúa' nun formato máis grande ideal para contar e compartir. Combinando os recursos do cancioneiro tradicional infantil e recoñecibles imaxes sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Cada título é un exercicio poético para «educar o ollo e adozar o oído», como explica o seu autor, e pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.  

Co obxectivo de facilitar o traballo de mediadores e mediadoras, Kalandraka retoma a publicación dos títulos máis exitosos da colección nun formato grande e ideal para compartir. Así, tras "Lúa" chega ás librarías "Animais" no que criaturas grandes e pequenas nos convidan a gozar do xogo, do ritmo, da rima e da amizade."

xoves, 28 de marzo de 2024

Chegaba o curso con algunha novidade

 

De Kalandraka un par de álbums ilustrados centrados nos valores: a multiculturalidade na escola e na vida, a pobreza tocando coas súas mansa infancia.

Cos brazos abertos de Antonio Rubio e María Girón en tradución de Xosé Ballesteros. Porque na escola "hai cabelos durmidos e rizados, cabelos coma nube, coma o trigo, cabelos surtidor ou destrenzados. Hai colores de pel igual que o barro, colores de crecente arco da vells, colores vento, chuvia, trono, sándalo", idiomas, nomes, procedencias, relixións... e todo se resolve mirándose, soñando, voando, abrazando... formando unha magnífica espiral collidos dos hombreiros ou das mans pois cos brazos abertos aquí (sexa o lugar que sexa) agardan aos que cheguen. Unhas ilustracións que mostran esa realidade múltiple, dunha maneira moi eficaz, abrindo o abano de planos e miradas seguindo a uns nenos e nenas que nos acompaañn ao longo das páxinas mostrándose e ensinando os seus xantares e músicas. Palabras e imaxes que nos mostran un mundo DE BRAZOS ABERTOS. Así se presenta: "Un poema ilustrado un poema ilustrado, un canto por un mundo novo, igualitario e fraterno, donde todos e todas temos cabida".

mércores, 28 de decembro de 2022

Libros para prelectorado

Dentro da colección Do berce á lúa, acaban de aparecer dous novos volumes: Bebé e Dó re mi. Da autoría de Antonio Rubio e Óscar Villán, traducidos por Manuela Rodríguez e publicados por Kalandraka. Vexamos unhas contadas con outros dous libros desta coleccións que nos abrirán fiestras á nos apropia presentación deste outros dous volumes. Lembremos que sempre se trata de poesía pictográfica ou algo parello coa que xogar e entregar texto e imaxe da mellor calidade. 

Moi logrados. Dó re mi cunha marabillosa rima que nos conduce ao longo das páxinas e nos levará a outras creacións. Bebé, con esa sensibilidade que nos mostra a evolución da vida dende o pricipio e ata o final nese afirmación tan certeira de cando o bebé bota a andar fai igual igual que todos os demais (animais incluídos, por@que tods estamos no mesmo planeta).