sábado, 16 de abril de 2016

Mulleres e poesía.


"Ceo ou cénit da autoría feminina na poesía galega", un contido da revista Luzes.
E un bo motivo para lembrar as poetas que escriben para a infancia.
Escribimos os seus nomes:
Gloria Sánchez con libros como Bichos con gaseosa, 303 adiviñas, Adiviñas monstruosas, Rimas con letra, Fafrrarios...
Pura e Dora Vázquez con Oriolos neneiros, Ronseles, Campo e mar aberto, Viaxe ao país dos contos e da poesía...
Helena Villar con A campá da lúa, Belidadona, Dona e Don, Na praia dos lagartos, O libro de María...
Ana Mª Fernández con Amar e outros verbos, O país de amarnos, Páxinas de carricanta...
Elvira Riveiro con Palabras brancas, Mar de mazá
Marica Campo con Abracadabras
María Canosa con Acuario, Acuario 2
Anisia Miranda con Cantarolas
Yolanda Castaño con Verdedades
e tantas outras!

mércores, 13 de abril de 2016

Se eu recomendase...


Este ano tocaría ler os libros para a infancia e a xuventude de Manuel María. Tocarían os libros de Castelao, onde onde o noso sentidiño alcance. E logo, as novidades, aquelas que se len hoxe pero non se sabe ata onde se lerán mañán...
Dous históricos:
Fontán de Marcos Calveiro, Premio de Narrativa Breve Repsol 2015
Lourenço xograr de Manuel Portas, Premio García Barros 2015
Dous premios de lix
Europa Express de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015
Nena e o mar de Érica Esmorís, premio Merlín de literatura infantil 2015 

Un clásico reeditado:
Cantarolas de Neira Vilas e Anisia Miranda, ilustrado por Leandro Lamas e publicado por Kalandraka
E todos os que virán!

domingo, 10 de abril de 2016

Tamén os deportistas len

Seica este é o listado dos libros que máis gustaron aos xogadores do primeiro equipo de balonmán (así aparece na páxina do FCBarcelona, todo un exemplo a imitar!):
Marko Kopljar: Outliers, de Malcom Gladwell
Gonzalo Pérez de Vargas: La luz que no puedes ver, d’Anthony Doerr
Jesper Noddesbo: Livsfarlig Ledelse, de Christian Orsted
Eduardo Gurbindo: Open, d’Andrea Agassi
Filip Jicha: El Leopardo, de Jo Nesbo
Kamil Syprzak: Juego de Tronos, de George R. Martin
Carlos Ruesga: El alquimista, de Paulo Coelho
Gudjon Valur Sigurdsson: Becoming a supple leopard, de Kelly Starrett
Cedric Sorhaindo: El llarg camí cap a la llibertat, de Nelson Mandela
Wael Jallouz: L’Alcorà
Raúl Entrerríos: Los pilares de la tierra, de Ken Follett
Kiril Lazarov: El alquimista, de Paulo Coelho
Aitor Ariño: El palacio de la medianoche, de Carlos Ruiz Zafón
Viran Morros: Toda la verdad, de Mike Tyson
Dani Sarmiento: Trilogía de Martín Ojo de Plata de Matilde Asensi
Danjel Saric: El monje que vendió su Ferrari, de Robin Sharma
Víctor Tomás: Open, d’Andrea Agassi
... Porque sempre hai un tempo para ler.

xoves, 7 de abril de 2016

De libros e lectura

Porque podemos aprender de todos e de todas (a pesar de que os mesmos que nos enseñan unhas cousas poidan desaprendernos outras moi importantes), tomemos nota do que acerca dos libros e da lectura apunta Vargas Llosa no artigo do 2 de abril en El País, titulado "Un alto en el camino", do que entresacamos:
(...)
"Es difícil decir la inmensa felicidad y riqueza de sentimientos y de fantasía que me han dado —que me siguen dando— los buenos libros que he leído. Nada me apacigua más cuando estoy en ascuas o me levanta el espíritu si me siento deprimido que una buena lectura (o relectura). Todavía recuerdo la fascinación maravillada con que leí las novelas de Faulkner, los cuentos de Borges y de Cortázar, el universo chisporroteante de Tolstói, las aventuras y desventuras del Quijote, los ensayos de Sartre y de Camus, y los de Edmund Wilson, sobre todo esa obra maestra que es To the Finland Station que he leído de principio a fin por lo menos tres veces. Lo mismo podría decir de las sagas de Balzac, de Dickens, de Zola, de Dostoiesvki, y el difícil desafío intelectual que fue poder llegar a gozar con Proust y con Joyce (aunque nunca conseguí leer el indescifrable Finnegans Wake)".
(...)
"Quizás sea un poco optimista hablar del futuro cuando se cumplen ochenta años. Me atrevo sin embargo a hacer un pronóstico sobre mí mismo; no sé qué cosas me puedan ocurrir, pero de una sí estoy seguro: a menos de volverme totalmente idiota, en lo que me quede de vida seguiré empecinadamente leyendo y escribiendo hasta el final".
Que nunca se diga que somos prexuizosos/as, pero ben se ve que non coñece a literatura galega e que tampouco é capaz de nomear a García Márquez, nin siquera de morto.

martes, 5 de abril de 2016

De libros e bibliotecas


En El País do 2 de abril atopamos esta outra nova que nos enche de fachenda "Descubrir la ciencia. Los siete hermanos que se criaron con 20.000 libros". Fala o artigo dunha familia de Ourense, os Martínez Díaz entre os que se atopan un arqueólogo que investiga sobre os guerreiros de Xian, unha paleontóloga que traballa no Cáucaso, un pediatra en Kazajistán, unha investigadora nos xacementos de Atapuerca,... fala deles e dos libros, da boa educación (no mellor sentido). Marcos Martínez Díaz, impartiu unha conferencia nas Xornadas arqueolóxicas do Barbanza e alí puidemos saber que entre outros méritos contaba co premio ao mellor divulgador científico do Reino Unido.
Entresacamos:
"(...) Aquella biblioteca de un piso de Ourense repleta de epopeyas de papel se convirtió en una fábrica de cerebros dedicados a la ciencia. (...) En mi casa había veneración por los libros, como fuente de entretenimiento, de conocimiento, de consuelo”
E, eses pais, cunha biblioteca que ocupaba o mellor cuarto da casa, só pediron que deran a mellor versión de si mesmos... Canto toca aprender!

luns, 4 de abril de 2016

De bibliotecas escolares e editoras

Recollemos de La Voz de Galicia, unha moi boa nova relaciónda con bibliotecas escolares (que non se reproduce (ou non atopamos a versión dixital do xornal. Nela, baixo o título "Europa destaca o impulso galego das bibliotecas" cóntase que a Rede de Políticas de Alfabetización Europea (Elinet) vinculada á Comisión Europea recoñeceu a calidade da estrutura posta en marcha pola Xunta para o impulso das bibliotecas esoclares, ao incluír esta iniciativa como unha Boa Práctica na súa web

No mesmo xornal aparece unha entrevista á presidenta da AGE (Asociación Galega de Editores) dá luz sobre a edición en Galicia nos últimos anos. 

venres, 1 de abril de 2016

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil

Polo Día Internacional do Libro Infantil, faise pública a mensase e o cartel  que o IBBY (The International Board on Books for Young People) encarga a unha das súas seccións. Este ano 2016, correspondeulle á brasileña da man da escritora Luciana Santori e do ilustrador Ziraldo.   
Un día para lembrar a importancia deste literatura que fai lectores e lectoras para toda a vida.
Un día máis para ler, e facelo en galego.
É GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) quen nos achega esta documentación.