martes, 26 de abril de 2016

A biblioteca electrónica do Instituto Cervantes


Así se anuncia: "Miles de libros y recursos digitales en español donde y cuando quieras".
Este é o seu enlace para acceder a libros electrónicos (co catálogo), audiolibros,  recursos-ee club virtual de lectura.
Entre os recursos web atopamos, nas súas palabras "O mellor da música de todos os tempos, o mellor en España e Latinoamérica: Naxos Music Library, a colección de música clásica máis completa dispoñible na rede". Aínda que semella moi publicitario, haberá que ver...

xoves, 21 de abril de 2016

Compostela, cidade convidada de honor na Feira de Bos Aires.


Santiago de Compostela é a cidade convidada de honor na feira que se está a celebrar. Dise que máis de 25 autores arribarán a Bos Aires para dar a coñecer aa obra literaria, científica e cultural galega.
Ao tempo, os leóns que gardan o Congreso dos Diputados poñen as gafas para poder ler a Cervantes, porque eles tamén teñen xa a súa idade... como podemos ver.

mércores, 20 de abril de 2016

23 días de lectura e de libro


O Ministerio de Educación, Culturae Deporte acaba de poñer en marcha a campaña 23 días de libro.
“Un lector vive mil vidas, el que no lee...sólo una”, La lectura les ayuda a potenciar su creatividad, a mejorar su imaginación, a tener una mejor memoria, amplían el vocabulario y siempre podrán descubrir cosas nuevas. Los niños tienen curiosidad innata por aprender y por mirar los cuentos, pero es deber de los adultos potenciar el hábito para que a medida que vayan creciendo, los niños sientan que la lectura no es una obligación sino una actividad de placer y ocio que sólo les aporta cosas buenas.

martes, 19 de abril de 2016

Día Mundial da Narración Oral ou Semana da tradición oral

Por se marzo tiña pouco que celebrar, este ano no calendario do libro e da lectura aparece esta data, 20 de marzo día da narración oral. Nunca sobra, pero igual preferiríamos que se asumira a semana da tradición oral que sempre se celebra alá por novembro, un mes moi axeitado para recollerse ao pé de calquera lareira ou mesa a falar, a contar, a compartir o que nos legaron e a maneira na que nos pasamos de orella a boca para que a cadea continúe. Outono de castañas e magosto, de vendima para os maiores e tempo de recollerse.
Só unha referencia para volver en novembro e celebrar unha semana que pode espallarse mentres andamos con samaíns e magostos, cos santos e os defuntos... que de todo se pode falar! e cantar, por que non?
Sempre ir ás fontes, sempre pasar por Galicia encantada esa páxina do noso imaxinario e aos libros deses magos da recolleita: Dicionario dos seres míticos galegos, Pequena mitoloxía de Galicia, Cando os animais falaban, A flor da auga, Arrepíos e outros medos... as coleccións Cabalo buligan de Xerais, Dediños de Tambre, Contos populares de A Nosa Terra, e algúns volumes soltos da colección Ler é vivir e Montaña encantada de Everest Galicia.
Para facer boca, un texto en liña de Xosé Miranda "Lendas e mitoloxía popular galega"


sábado, 16 de abril de 2016

Mulleres e poesía.


"Ceo ou cénit da autoría feminina na poesía galega", un contido da revista Luzes.
E un bo motivo para lembrar as poetas que escriben para a infancia.
Escribimos os seus nomes:
Gloria Sánchez con libros como Bichos con gaseosa, 303 adiviñas, Adiviñas monstruosas, Rimas con letra, Fafrrarios...
Pura e Dora Vázquez con Oriolos neneiros, Ronseles, Campo e mar aberto, Viaxe ao país dos contos e da poesía...
Helena Villar con A campá da lúa, Belidadona, Dona e Don, Na praia dos lagartos, O libro de María...
Ana Mª Fernández con Amar e outros verbos, O país de amarnos, Páxinas de carricanta...
Elvira Riveiro con Palabras brancas, Mar de mazá
Marica Campo con Abracadabras
María Canosa con Acuario, Acuario 2
Anisia Miranda con Cantarolas
Yolanda Castaño con Verdedades
e tantas outras!

mércores, 13 de abril de 2016

Se eu recomendase...


Este ano tocaría ler os libros para a infancia e a xuventude de Manuel María. Tocarían os libros de Castelao, onde onde o noso sentidiño alcance. E logo, as novidades, aquelas que se len hoxe pero non se sabe ata onde se lerán mañán...
Dous históricos:
Fontán de Marcos Calveiro, Premio de Narrativa Breve Repsol 2015
Lourenço xograr de Manuel Portas, Premio García Barros 2015
Dous premios de lix
Europa Express de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015
Nena e o mar de Érica Esmorís, premio Merlín de literatura infantil 2015 

Un clásico reeditado:
Cantarolas de Neira Vilas e Anisia Miranda, ilustrado por Leandro Lamas e publicado por Kalandraka
E todos os que virán!

domingo, 10 de abril de 2016

Tamén os deportistas len

Seica este é o listado dos libros que máis gustaron aos xogadores do primeiro equipo de balonmán (así aparece na páxina do FCBarcelona, todo un exemplo a imitar!):
Marko Kopljar: Outliers, de Malcom Gladwell
Gonzalo Pérez de Vargas: La luz que no puedes ver, d’Anthony Doerr
Jesper Noddesbo: Livsfarlig Ledelse, de Christian Orsted
Eduardo Gurbindo: Open, d’Andrea Agassi
Filip Jicha: El Leopardo, de Jo Nesbo
Kamil Syprzak: Juego de Tronos, de George R. Martin
Carlos Ruesga: El alquimista, de Paulo Coelho
Gudjon Valur Sigurdsson: Becoming a supple leopard, de Kelly Starrett
Cedric Sorhaindo: El llarg camí cap a la llibertat, de Nelson Mandela
Wael Jallouz: L’Alcorà
Raúl Entrerríos: Los pilares de la tierra, de Ken Follett
Kiril Lazarov: El alquimista, de Paulo Coelho
Aitor Ariño: El palacio de la medianoche, de Carlos Ruiz Zafón
Viran Morros: Toda la verdad, de Mike Tyson
Dani Sarmiento: Trilogía de Martín Ojo de Plata de Matilde Asensi
Danjel Saric: El monje que vendió su Ferrari, de Robin Sharma
Víctor Tomás: Open, d’Andrea Agassi
... Porque sempre hai un tempo para ler.