luns, 8 de agosto de 2016

Taboleiro do libro galego (xuño - xullo)

Tomado de Caderno da Crítica (Ramón Nicolás), porque nunca está de máis ver o que se vende, o que se considera "mellor"...

1º-. Ramón Nicolás, O espello do mundo, Xerais.
2º-. Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, Galaxia.
3º-. Manuel Gago, O anxo negro, Xerais.
4º-. María Reimóndez, A dúbida, Xerais.
5º-. María Solar, As horas roubadas, Xerais.
6º-. Diego Giráldez, Galería de saldos, Xerais.
7º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
8º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova Xerais.
9º-.  Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, Galaxia.
10º-. Miguel Anxo Murado, Libro de horas, Galaxia.
11º-. Miguel Anxo Fernández, Un dente sen cadáver, Galaxia.
12-. VV.AA., Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal, Urco.
13º-. Xabier Quiroga, Izan, o da saca, Xerais.
14º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.

POESÍA

1º-. María do Cebreiro, O deserto, Apiario.
2º-. Carlos Negro, Masculino singular, Xerais.
3º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
4º-. Gonzalo Hermo, Celebración, Apiario.
5º-. VV.AA.,  Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.

ENSAIO-TEATRO

1º-. Isidro Dubert (ed.), Historia das historias de Galicia, Xerais.
2º-. Esther F. Carrodeguas, Voaxa e Carmín, Difusora.
3º-. VV.AA., Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, Xerais.
4º-. X.M. Beiras, O proxecto común da nación galega, Laiovento.
5º-. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (coord.) , As Irmandades da Fala (1916-1931), Laiovento.
6º-. VV.AA., Poesía hexágono, Apiario.

XUVENIL


1º-. Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Xerais.
2º-. Fran Alonso (ilustrador Dani Padrón), Contos nerviosos, Embora.
3º-. Antonio G. Teijeiro, Raiolas de sol, Galaxia.
4º-. Manuel Sánchez Gálvez, Maelström, Maelström, Galaxia.
5º-. Celia Díaz Núñez, A boca do monte, Galaxia.

INFANTIL

1º-. Ledicia Costas-Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Justin Richardson e Peter Parnell, Con Tango son tres, Kalandraka.
4º-. Federico Fernández e Germán González, Balea, Kalandraka.
5º-.  El Hematocrítico, Feliz Feroz, Xerais.
6º-. Manuel Rivas, Bala perdida, Xerais.
7º-. Gracia Iglesias e Rosa Osuna (ilustración), O fío, Kalandraka.
8º-. Eli Ríos, Marta e a píntega, Galaxia.

LIBROS CD-DVD

1º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.
1º-. Sérgio Tannus e Luís Barbolla (ilustracións), Alegría!, Galaxia.
3º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.
4º-.  Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
5º-. Gelria, Cantos de poeta, Gelria.

BANDA DESEÑADA

1º-. Miguelanxo Prado, Presas fáciles, El Patito Editorial.
2º-. Luís Davila, O bichero VI, Edición do autor.
3º-.  Xosé Tomás, Manual de escola, AS-PG.

VARIOS
1º-. Benigno Campos, Peixes e mariscos, Galaxia.
2º-. VV.AA., Luzes de Galiza, nº 32.

xoves, 4 de agosto de 2016

Opinión de librería

Peira sinala: "A expresión, a sintaxe, a sonoridade e sobre todo as ilustracións son as que conforman o que o neno e a nena escoitan e len. Hai libros que son cantos rítmicos aínda que non se cingan a un tema. Son poesía e danlle vida á palabra lida e cantada".
Os libros infantís son o primeiro contacto que teñen os mozos coa arte, por iso Purman considera que "é moi importante que teñan a oportunidade de coñecer ilustradores talentosos e autores que queiran contarlles algo máis que unha historia aleccionadora". E neste sentido é que a imaxe e o texto son igual de importantes á hora de falar deste xénero.
Son... opinións.

martes, 2 de agosto de 2016

Memorias dun neno labrego en esperanto

Resultado de imagen de MEMORIAS DUN NENO LABREGO + ESPERANTO
A obra máis reeditada e traducida celebra o seu 55 aniversario o mesmo ano  en que poderá comezar a lerse en esperanto. O tradutor é o filólogo vigués Suso Moinhos e a editorial Mondial, ubicada en Nueva York. Esta obra irá acompañada polas ilustracións de Díaz Pardo.
A primeira novela galega traducida a este idioma universal foi Retrincos de Castelao.
"O galego é a miña filla biolóxica e o esperanto, a adoptada, pero ás dúas as quero por igual", di Moinhos.

domingo, 31 de xullo de 2016

Nunca é tarde para premios

Resultado de imagen de premios xerais 2016
Os Xerais xa foron hai tanto tempo!
Pero nunca é tarde para falar deles, sobre todo porque debemos dicir que os agardamos, que temos ganas de lelos, que nos apetece lembrar outra e outra vez aquela xornada de boas palabras.
Foron Ledicia Costas (que nos trouxo a emoción) e os ganadores: Manuel Esteban coa novela A ira dos mansos no premio Xerais, Iria Misa con Xa non estou aquí para o Jules Verne de literatura xuvenil e David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo para o Merlín.
Era o 4 de maio, onde el vai! 
O sábado 4 de xuño de 2016 resolvéronse os Premios Xerais na Illa de San Simón (Redondela). Na XXXIIIª edición do Premio Xerais resultou gañador Manuel Esteban coa novela A ira dos mansos, na VIIIª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil Iria Misa con Xa non estou aquí e na XXXIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo.
A escritora Ledicia Costas, quen recibirá o próximo venres o Premio dos Clubs de Lectura, foi a mantedora literaria do acto, co discursoTodas as constelacións do mundo, que dedicou á Xeración Lamote por abrir o camiño da esperanza, lembrando a súa experiencia como lectora dende cativa.
Os Xerais xa foron hai tanto tempo, pero queremos volver a esa tarde na que esperabamos que AFP seguira escribindo para a lingua, o país, a escola...

sábado, 30 de xullo de 2016

Os valores de AFP


O valor de Agustín Fernández Paz está nos ensaios, nos libros de texto, nos materiais didácticos... acerca da normalización lingüística, do fomento da lectura, da incorporación dos cómics ás aulas, pero sobre todo, o seu valor fundamental está na creación de libros de ficción. Obras de narrativa para a infancia e a xuventude que tiñan a maxia de acompañar ao lector, de agarrar á lectora de principio a final. Libros nos que as estruturas narrativas se caracterizaban pola innovación, por colocar ao pequeno lector fronte por fronte cos recursos que se utilizaban na narrativa de adultos,  xogo co narrador, as diferentes tipoloxías de texto, os diferentes puntos de vista...
O valor estaba tamén no que se transmitía, na ideoloxías que atravesaba o texto, nos transversais da LOXSE (educación para na igualdade, para a  paz, para o medio ambiente, para a saúde, para o consumo...); os valores que debe defender toda sociedade democrática e que Agustín transmitía nos seus libros porque non podía facer outra cousa: eran os seus, os de calquera mestre responsable.


Rapazas é un exponente neste sentido, o tratamento da igualdade entre sexos. 
As flores radioactivas, para a educación mediambiental, pero tamén para unha cidadanía crítica. Igual que en A praia da esperanza. Lembraremos sempre as palabras de Miguel Vázquez Freire "Só unha persoa tan boa como Agustín podería transformar a radioactividade en flor".
O valor de Agustín foi colocar  a nosa literatura infantil onde antes non estivera, a través dos premios, a través das traducións a diferentes linguas, a través das múltiples edicións das súas obras.

xoves, 28 de xullo de 2016

AFP e a normalización lingüística





Ademais de ter participado como asesor - coordinador de normalización ligüística, a nivel persoal e como parte integrante de Nova Escola Galega, Agustín, ten escrito sobre este proceso iumprescindible.

mércores, 27 de xullo de 2016

AFP e o fomento da lectura


O libro que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil O único que queda é o amor, é un canto á lectur, unha declaración de amor á lectura con todo o que ela nos acompaña.
Ademais, AFP ten escrito varios ensaios relacionados con esta temática.