mércores, 23 de maio de 2018

Constelacións literarias I. Mulleres pola igualdade. Feminismo

 
















Canto lle debemos ao feminismo!
Non só as mulleres, tamén os homes.
O feminismo busca eliminar as desigualdades de xénero, defender os dereitos das mulleres, liberar a homes e mulleres dos roles marcados tradicionalmente e dos estereotipos que nos aprisionan. Grazas ao feminismo avanza o mundo, transfórmase, facendo unha sociedade máis xusta e libre. Grazas a esa loita as mulleres votan, traballan por rachar os límites en estudios e traballos, e fan forza por acabar co teito de cristal.
Hai libros que buscan mostrar as contradicións e as inxustizas dunha sociedade machista, para que podamos evitar a súa continuidade.  
Azul e Rosa


luns, 21 de maio de 2018

Constelacións literarias I. Muller e igualdade. Diversidade familiar

Nunca as familias foron iguais. Tiñan máis ou menos fillos. A algunhas, por diferentes razóns, faltáballe o pai ou a nai, outras contaban cos avós... con algún tío ou tía... 
Agora, aínda hai máis riqueza e variedade de familias. A separación dos pais, as adopción en diferentes lugares do mundo, os matrimonios homosexuais, a reprodución asistida... permiten unha maior liberdade e sinceridade, de tal maneira que o noso mundo ten máis policromía. Unha cata, en forma de degustación
Diversidade familiar



sábado, 19 de maio de 2018

Constelacións literarias I. MULLER e igualdade. Biografías de muller


















Se as constelacións literarias son itinerarios de lectura ao modo das constelacións estelares, de forma que un libro nos leve a outro de maneira case libre e suxestivo, sen atender a criterios historicistas ou de estilo, senón a aqueles outros que nos diten as ganas de ler e os intereses que en cada momento nos animan.
Leremos o noso firmamento, establecendo vínculos caprichosos, indo duns a outros libros e debuxando un imaxinario propio.
Comezaremos con biografías de mulleres que, aínda merecéndoo, non tiveron todo o recoñecemento que lles correspondía. Faremos ese esforzo por dicir os seus nomes e por descubrir que hai detrás de cada un deles.
Un itinerario para lectores e lectoras autónomas que podemos comezar polos máis infantís e rematar por aqueles que se aproximan máis ao lectorado experto.   
De paso, aprenderemos as características básicas da biografía e as diferentes maneiras de enfrontala. 
Vexamos as nosas estrelas, unhas son persoais, outras recollen varias, unhas están escritas como contos pero outras semellan ensaios... e incluso hai teatro.

venres, 11 de maio de 2018

Premios de moito interese: Castelao de Banda Deseñada para a Infancia

 
Desde a convocatoria pasada, o premio Casgelao de Banda Deseñada conta cunha nova modalidade, pois ademais da de adultos aparece a dirixida a público infantil e xuvenil.
a) MODALIDADE XERAL. Obras dirixidas a todo tipo de lectores.
b) MODALIDADE LIX. Obras dirixidas especificamente ao público lector infantil e xuvenil.
Desde o mundo da LIXG e os seus mediadores agradecemos esta convocatoria que pon a súa mirada neste grupo de  lectores que tanto gustan do cómic e necesitan produtos feitos pensando neles.
Aínda que o lectorado xuvenil se aproxima ás publicacións de adultos e as fai súas, o lector e lectora infantil está invisibilizados dentro da nosa lingua. Apenas un par de produtos dirixidos a eles (Marcopola...)  con moi escasas publicacións desde sempre e máis desde que Golfiño ten desaparecido.
Agradecemos, polo tanto, esta convocatoria e agardamos que dea os seus froitos.

martes, 1 de maio de 2018

Convocatorias de moito interese: Raíña Lupa


A Deputación da Coruña acaba de facer públicas un par de connvocatoria de moito interese para a LIXG.
Cambia a convocatoria do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil que pasa a ser anual en lugar de bianual como era ata este ano. remata o prazo de presentación o 1 de xuño de 2018.
Lembremos que na convocatoria pasada, ganou este premio Marilar Aleixandre con A filla do Minotauro.
Aos premiados con anerioridade podmeos acceder no seguinte enlace
Felicitamos á Deputación da Coruña por este cambio que beneficia a Literatua Infantil e Xuvenil Galega e agradecemos a sensibilidade cara a este campo.

sábado, 28 de abril de 2018

Violación, tamén, na literatura xuvenil

 
Estes días nos que a palabra violación, abuso ou agresión sexual, violencia de xénero... están nas nosas cabezas e nas rúas, hai que lembrar un libro: A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre.
Dúas amigas, á volta dunhas festa, entran  no coche duns mozos sen desconfiar. Prodúcese a violación e é horrible, pero máis tremendo aínda (polo que supón de violación simbólica repetida) son os tempos que seguen. A decisión de se denunciar ou non, facelo e ver a reacción da policía, dos medícos, dos medios de comunicación, dos veciños e coñecidos,... o xuicio público a elas; as dúbidas que as acosan a cada instante sobre a decisión tomada e sobre todo, sentir que son elas as que teñen que defenderse porque todo semella estar en contra. 
A ficción, neste caso, non é máis dura que a realidade. Ler esta novela achegaranos a ese ... proceso.
Poucas veces a mitoloxía se aproximou tanto a unha historia actual e poucas veces unha fotografía de cuberta foi tan connotativa. Victoria Dielh lévanos da pel ao mámore, da rapaza actual á mitolóxica para facernos pensar algo máis.