xoves, 30 de marzo de 2017

Vai de cambiar os contos


Cambiache o conto! de Pinto & Chinto publicado por Xerais. 
Collen os vellos contos (fantásticos, populares, marabillosos) e cámbianos, tal como di o título.
Trátase de 25 contos nos que tes que imaxinar que pasaría...
"Os sete cabritiños e o lobo”, cando o lobo  se ten transformado cos ovos e a fariña e agarda na porta a que se decidan a abrirlle, pasa outro lobo e ...
“Alí Babá e os cuarenta ladróns”, a poli que observa o agachadoro sorprende a Alí Babá, tómao por ladrón e encarcélao, menos mal que... 
Polgariño ponlle un somnífero no pan e chegan á casa seguindo o rastro de...
“A Bela Dormente”, ronca e a bruxa que a enmeigou... 
“A princesa e o chícharo”, ela non durme e ten tan mala cara que o príncipe..
“Os tres porqueiños” aproveitan o soplido do lobo (e soplou e soplou) e chegan a montar ata un...
“O Rei Midas está disgustado” porque cando se volve atrás e pide que desfagan o meigallo a filla...
“A cigarra e a formiga” aprenden ambas de maneira que xa a formaiga canta mentres traballa e a cigarra... “O flautista de Hamelín” cando se negan a pagarlle o que fai é ...
É o sentido común. Os finais semellan saír de forma natural e espontánea tal como eles son. Sinxelamente sen moito esforzo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario