Brétemas é algo así como a testemuña do noso tempo.
Hai uns días, Bragado facíase eco do pasamento de Palmira G. Boullosa.
E lembraba, entre outras cousas, que era das pioneiras da literatura infantil e xuvenil galega con novelas de fantasía na tradición artúrica (A princesa Lúa e o enigma de Kián - premio Merlín na segunda edición- ou Brandón, fillo de Ferreol, publicados por Xerais na colección Merlín) ou como folclorista con Adiviñas, Mentiras, Arrolos e ¿Quen panda?, publicados por Galaxia na súa colección Tartaruga e Cando o rei por aquí pasou, unha antoloxía do folclore galego, publicada por Xerais.
Bragado tamén nos lembra a súa faceta de poeta, ganadora do premio Premio Eusebio Lorenzo Baleirón por Asoladamente, o teu nome e a de docente comprometida renovación pedagóxica.
Unhas desas mulleres que puxeron cimentos na casa comunal e marchou silenciosa, sen facer ruído, sen agardar polo agradecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario