Os doce traballos de Hércules de Carlos López está ilustrado por Siro e publicado por Hércules de Ediciones.
Da presentación editorial: "Hércules, fillo do deus Zeus e da mortal Alcmena, tiña desde neno tal forza que xogaba ás bólas cos planetas e ao aro cun dos aneis de Saturno. Xa de adulto, e a través do oráculo de Delfos,a deusa Hera ordénalle realizar doce traballos dificilísimos que lle imporía o terríbel rei Euristeo.
Xa verás que, para ti, ler este libro non será o traballo número trece, porque é ameno e porque está cheo de tanto humor que ata o malvado Euristeo se botaría a rir. Nel veremos a historia dun Hércules moi peculiar: semideus do estrafalario, heroe do disparate, e cun aspecto físico diferente do aspecto ao que nos ten afeitos.
Agora mesmo é un bo momento para que mergulles nesta versión dos doce traballos de Hércules e coñezas o león de Nemea, cuxos cairos eran dúas medias lúas crecentes. E a hidra de Lerna de nove cabezas, que intentaba volverte tolo falándoche de nove cousas distintas a un tempo. E as eguas de Diomedes, que cos seus cascos de cortiza podían galopar sobre o mar. E o xardín das Hespérides, onde as mazás eran de ouro e o ouro era de mazá. E tamén o can Cérbero de tres cabezas, que ladraba en tres idiomas diferentes."
Diso se trata, das loucuras esaxeradas de Chinto, de estremonías sen fin, humor a "mansalva", do imposible máis alá do imposible porque xa que se trata de case deuses todo pode ser posible, así non imos quedar no máis común, iremos máis alá do máis alá!
As ilustracións de Siro son o contrapunto aos textos, humor con humor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario