Dila crocodila 2. Son xenial de Ana Gómez Hernández está publicado en Triqueta Verde na colección "Aprendendo a ler co meu primeiro cómic".
Todo escrito con letras maiúsculas. Presenta os protagonistas (Dila a cocodila, Mapi o gato, Miñoca, Ovella e Ovella) co que lles gusta e o que non. O gato é moi positivo, a miñoca anda de malhumor e as ovellas son pasotas, todo lles dá o mesmo e semella que non se enteiran moito de case nada.
Da presentación editorial: "Dila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Brañavella, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS. En SON XENIAL!, Dila e os seus amigos aprenderán que todos podemos ter un talento, aquilo que se nos dá ben facer e co que se nos pasa o tempo voando. En cada libro, atoparán situacións que se parecen moito ás que se poden atopar no patio dun colexio: amizade, rifas, xogos e trampas, xestión da frustración, descubrir os propios.talentos..."
Dila crocodila 1. Espremer os miolos. Da presentación editorial: "Dila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Brañavella,
un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS. En ESPREMER
OS MIOLOS (volumen 1), Drila e os seus amigos aprenderán que, para
resolver calquera problema, o mellor é pararse a pensar (espremer os
miolos) e atopar a mellor solución. E tamén que, pensando en equipo,
sempre saen as cousas mellor!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario