Historias do páramo de Pjota e Senande está publicado por Galaxia.
Preséntase así: "Cairo é unha candorca vagabunda que vive nun páramo abatido pola violencia de bandidos, bestas e señores da guerra sedentos de poder. Outros moradores fan o que poden para saír adiante neste mundo inhóspito e perigoso. A súa turbulenta vida dará un xiro no momento en que adopta unha peculiar rapaza que atopa tras unha escaramuza. Cairo e os seus compañeiros veranse envoltos nunha aventura inesperada, pois esa rapaza é de sumo interese para as forzas escuras que habitan neste lugar."
Fronte ás ansias de poder absoluto e fronte a todo o terror está o mundo do tenrura polas pequenas criaturas, os coidados. No fondo, é unha loita de machos e femias, sexan da especie que sexan. Unha historia que promete novas aventuras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario