Contos de Terramar. Historias de Terramar V de Ursula K. Le Guin está traducido por Tomás G. Aloha e publicado por Boadicea.
Da presentación editorial: "Explora Terramar neste novo volume da saga a través de cinco historias que ocorren antes ou despois da época das novelas, e mais dun ensaio sobre as persoas, as linguas, a historia, a literatura e a maxia deste mundo fantástico. O buscador, unha novela curta ambientada centos de anos antes d’Un feiticeiro de Terramar, revela como comezou a famosa escola de Roke. N’Os ósos da terra, o primeiro mestre de Ged demostra como a humildade, se é o suficientemente grande, pode controlar un terremoto. Ás veces, os feiticeiros buscan carreiras alternativas, como ocorre no conto de Rosaescura e Diamante. Volve á época en que Ged era Arquimago Na braña alta, unha historia sobre o amor polo poder e o poder do amor. E descubre en Libeliña como unha muller decidida pode romper o teito de cristal da maxia masculina tendendo unha ponte entre Tehanu e O outro vento."
Así fala a editora do saga: "Chega a Boadicea Editora Terramar, o mundo de fantasía creado por Ursula K. Le Guin no que se desenvolve o ciclo de novelas A Wizard of Earthsea (1968), The Tombs of Atuan (1970), The Farthest Shore (1972), Tehanu (1990), Tales from Earthsea (2001) e The Other Wind (2001). Ursula K. Le Guin (1929-2018) é unha autora referente de ciencia ficción e fantasía, creadora da federación Ekumen no primeiro ámbito e do mundo de Terramar no segundo. Foi a primeira muller en gañar o premio Hugo e o premio Nébula coa súa obra The Left Hand of Darkness (1969) e chegou a publicar máis de vinte novelas e máis de cen relatos curtos, xunto con poesía, ensaio, crítica literaria, tradución e libros para a infancia."
Un mundo fantástico, unha terra de magos, un mundo de meigas, dragóns falando dos tempos antiquísimo, o poder dos nomes... Un universo no que sumerxirse en galego.
O misterio de xacarandá é de Elena Osés, está ilustrado por Eva Agra, traducido por Xosé Duncan e publicado por Bululú. Unha nena extraordinaria dende o nacemento (así o confima a comadrona), unha familia (orfa de nai e co pai panadeiro, con catro fillos con nomes que comezas por vocais: A, E, I, O e pasan á M por medo a non atopar ningún por U) que se despraza ao pobo. Un lugar estraño con un segredo que gardar. Os misterios que comparten os nenos e as nenas, as prohibicións das persoas adultas, dúas casas raras, un xacarandá...
Da presentación editorial: "Quen lle ía dicir a Mel que mudarse ao vello casarón da praia se convertería nunha aventura fantástica. Após a morte da súa nai, os catro irmáns e mais o seu pai abandonan a cidade para ir vivir no abandonado fogar da familia na aldea de Oires. As súas preocupacións centrábanse en reformar o casarón, reabrir a vella panadería e adaptarse ao peculiar estilo de vida dos seus veciños. Até que unha misteriosa rapaza co pelo da cor do mar comezou a aparecérselles nas noites de treboada…"
Xertrudis precisa vacacións, da serie que leva o nome da protagonista. Historias da bruxa que primeiro busca traballo e despois ha de descansar, aínda que ela é tan propia que pode cansar sen necesidade de moverse, unicamente co seu mal humor. Se na primeira entrega coñece ao cobrador de morosos que a busca para que pague as débedas, agora, xa convertidos en parella, traballa con el e viaxa. O mellor é o encontro co Principiño, se é que a través del conseguimos que o lectorado se aproximea esa obra. Ana Meilán é a autora, Agustina Mattar a ilustradora, Xesús B. Tellado o tradutor e a editora entrenubesynuentos. Unha serie máis de bruxas.
Editoras que traducen e publican ao tempo en galego e castelán en Galicia para chegar a todo o mercado.
O misterio de xacarandá é de Elena Osés, está ilustrado por Eva Agra, traducido por Xosé Duncan e publicado por Bululú. Unha nena extraordinaria dende o nacemento (así o confima a comadrona), unha familia (orfa de nai e co pai panadeiro, con catro fillos con nomes que comezas por vocais: A, E, I, O e pasan á M por medo a non atopar ningún por U) que se despraza ao pobo. Un lugar estraño con un segredo que gardar. Os misterios que comparten os nenos e as nenas, as prohibicións das persoas adultas, dúas casas raras, un xacarandá...
Da presentación editorial: "Quen lle ía dicir a Mel que mudarse ao vello casarón da praia se convertería nunha aventura fantástica. Após a morte da súa nai, os catro irmáns e mais o seu pai abandonan a cidade para ir vivir no abandonado fogar da familia na aldea de Oires. As súas preocupacións centrábanse en reformar o casarón, reabrir a vella panadería e adaptarse ao peculiar estilo de vida dos seus veciños. Até que unha misteriosa rapaza co pelo da cor do mar comezou a aparecérselles nas noites de treboada…"
Ningún comentario:
Publicar un comentario