A secuela dunha novela de Iria Misa. Aparece A excursión a Cans. Unha veciña de película que é a continuación de Unha veciña de película
Da presentación editorial:"A secuela de «Unha veciña de película» con máis aventuras de cine, agora no Festival de Cans." Da sinopse: "Desde o verán pasado, os xemelgos Elsie e Simón non saben nada de Alice, a súa estrafalaria veciña cineasta coa que viviron emocionantes aventuras de película. Mais é posible que iso cambie o día que van de excursión co cole ao Festival de Cans. Ficción e realidade, «ghalpóns» e chimpíns, son os ingredientes perfectos para que se produza o reencontro. Que aventuras estarán a agardar por eles dentro da pantalla? Se che gustou «Unha veciña de película» non perdas «A excursión a Cans». Vémonos no Torreiro das Estrelas!"
Iria Misa volve a esta historia de cine e colócaa en Cans, nesta aldea galega na que se celebra un festival coa xente do medio e no que en vez do glamour de Cannes se pon en escena o agro e todo o que el conleva. Unha intervención moi interesante entre o cine e a aldea, entre o que vén de fór ae o que facemos na casa, para demostrar que podemos chegar a todos os sitios facendo o que é propio noso. Unha reivindicación do rural galego!
Por iso está ben que a á autora se lle teña ocorrido desprazar aquí aos rapaces protagonistas da historia anterior, introducir unha pequena preocupación emotiva e facer que todo remate a gusto de todos. Unha muller cineasta que se reivindica, un xemelgos que comezan a ter amigos pola súa conta, un festival da cultura máis cara situado nun lugar absolutamente básico... os ingredientes necesarios. Ao seu lado, a tipoloxía de texto recolle o guión. Unhas ilustracións que lle dan continuidade á novela anterior e o fan moi ben porque xa daquela nos pareceron moi boas, moi persoais e recoñecibles con rapaces e rapazas que o son e con adultos ou xoves que tamén o son. (tal como sucede nos diferentes capítulos dunha serie cinematográfica)
Para maiores de nove anos, áxil facéndoos avanzar polo mundo do cine e pola experiencia única dun festival de noso.
Unha serie, con todas as vantaxes que nos achega: eses personaxes que xa coñecemos e dos que queremos saber máis, unha hisotira que nos fideliza porque desexamos acompañar a ese xente e facelo dunha maneira que sa nos resulta coñecida. Mans que nos levan e ogallá sigan facéndoo polo mundo do galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario