luns, 25 de xullo de 2016

AFP e as súas reflexións arredor da literatura infantil e xuvenil galega




O seu papel na coordinación da colección Merlín xunto con Xabier Docampo, Xosé Lastra e Miguel Vázquez Freire, así como as publicacións nas que explicita as súas opinións ao respecto, han de terse en conta, agora igual que daquela. Sempre aprenderemos.

venres, 15 de xullo de 2016

AFP,.. mestre

 


Como mestre, Agustín traballou na aula a favor da renovación pedagóxica, pero tamén o fixo na reflexión a través de publicacións, neste caso arredor dos cómis e a súa introdución nas aulas: 

xoves, 14 de xullo de 2016

De soños e historias: AFP


Agustín Fernández Paz escribía historias que soñaban; historias que representaban mundos nos que os soños buscaban un lugar.
Os valores democráticos tiñan unha carta de identidade no relato, por iso nos gustaba lelo, porque sempre había un raio de esperanza no rastro que deixamos. As mulleres eran as donas da historia, nunca nos viramos tan visibilizadas, a paz estaba en alza igual que a xustiza, a historia acababa facendo xustiza e nós sempre necesitamos crer. Quen atopou un relato no que se coara, por algunha rendixa, algo indebido?
O profesorado podía confiar, el era mestre da renovación pedagóxica; era un innovador que traballaba a tradición con toda a responsabilidade dos progresistas.
Un mestre escritor. Un profesor innovador. Un galego defensor da identidade para colocarse no mundo en pé de igualdade, enriquecéndoo, achegando o noso pouso cultural.
AFP trouxonos os premios que a literatura infantil e xuvenil galega precisaba, pena duns anos máis (e algo de forza) para conseguir o Ándersen que tanto merecía. Que tándem con Miguelanxo Prado! Que pesar de chegar tarde ou non chegar...


mércores, 13 de xullo de 2016

Lingua e Terra, Irmán! (Na memoria de Agustín Fernández Paz)


Deixounos Agustín
Na entrega dos premios Xerais soubemos que non andaba ben, pero a esperanza é unha bolboreta que revolotea arredor da luz. Aquela tarde aplaudimos a súa vida, unha existencia plena de obras e reflexións, porque era mestre.
Deixounos a súas obras, os libros de ficción, os libros de pensar: as análises sobre a lectura, os libros, a lingua... 
Deixounos as palabras recollidas en diferentes soportes para que continuemos véndoo, léndoo, pensando na tarefa que temos por diante.  
Agora toca seguir traballando (normalizando a lingua, dignificando o país) para facer que non fora inútil o esforzo.
Lingua e Terra, Irmán!

venres, 8 de xullo de 2016

Libros galegos fóra de Galicia.

Na feira do Libro de Bos Aires Galaxia presentou o seu sello Mar Maior, co que pretende achegar aos clásicos e aos contemporáneos da literatura galega ao público arxentino. Un catálogo inicial de 22 títulos en español con autores e autoras como Emilia Pardo Bazán, Begoña Caamaño, Xavier Alcalá ou Eduardo Blanco Amor
Dísenos que Mar Maior é unha editorial arxentina, creada por galegos na Arxentina. Un proxecto con vocación universal que dá a coñecer a literatura galego no exterior, ao cobixo da galicia ideal coa que Castelao se referiu a Bos Aires e onde teñen lugar todos aqueles que amen a liberdade e a democracia, abrindo as portas á participación de plumas que acheguen a súa propia experiencia dun sentir galego... según explicou Freixanes, director de Galaxia.
Será que se entende Galicia, a súa cultura, a súa identidade, a súa literatura se non temos en conta a súa relación coa Arxentina... preguntábanse 

xoves, 7 de xullo de 2016

Na "Premio Nacional al Fomento de la Lectura 2016" houbo dúas inciativas ganadoras


A alianza de librerías "A conspiración da pólvora", na que participan "Letras corsarias" de Salamanca, "La puerta Tannhauser" de Plasencia, e "Intempestivos" de Segovia foi unha das galardoadas neste 2016. A outra é o blogue de literatura infantil "Ana Tarambana"  que mantén Ana Garralón. A acta do xurado apunta que esta última foi seleccionada por ser un medio de achegamento ao público lector con criterios de calidade e independencia, e a alianza de librarías  - en marcha desde o 2015- por ser unha iniciativa de colaboración de librerías independentes de diferentes comunidades autónomas, que se esforzan polo achegamento ao lectorado cun atractivo programa de actividades de fomento da lectura
Este premio nacional, que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ten por obxecto recoñecer o inestimable papel que diferentes persoas e entidades poden desempeñar no fomento do hábito lector. É de carácter honorífico e, en consecuencia, carece de dotación económica.

 

martes, 5 de xullo de 2016

I GALA DO LIBRO GALEGO 2016. Modalidade de iniciativa cultural ou fomento da lectura.

E resultou ganadora...
Espazo Lectura. Unha experiencia de calidade e sempre en avance e evolución. 
Partir da primeira célula, a familia, para poñer en pé a sociedade civilpromovendo a lectura. A partir das contadas ir creando comunidade lectora e establecer actividades para a rapazada, para as familias, para os maiores, para a mocidade... Desde os clubs de lectura aos encontros, desde as actividades aos espazos, da sociación á Casa da lectura, dos asociados individuais e colectivos... sempre cara adiante.
Os numerosos premios aválana (2º premio de dinamización sociocultural Everest 2009, Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia 2009, Premio Francisco Fernández del Riego 2010 da Asociación Galega de Editores, Premio á Mellor Iniciativa Cultural ou de Fomento da Lectura 2016 na 1ª Gala Galega do Libro Galego) igual que a solicitude de participación dos seus artífices en diferentes fórums.
Hai que estar moi atentos ao seu día a día... pois non paran!