domingo, 21 de outubro de 2018

Os Xerais no Museo do Mar

Onte, 20 de outubro entregábanse os premios Xerais
Non se facía na illa de San Simón, (ese  iceberg vexetal como a definiu Fran Alonso) pero seguiamos á beira do mar, mar de Vigo, de Mendiño.
Cambiou a cerimonia, tivo o seu papel o vídeo e as entrevistas ás lectoras, tamén as entrevistas en directo aos ganadores, e cada unha das persoas convidadas levabamos os libros nas mans. Xa houbera tempo para editalos e entregárnolos. Ese era un dos cambios, a entrega dos premios acompañábase da presentación dos libros mentres a tarde caía e arredor das Cíes o ceo cambiaba de cor.
Tres premios para ler devagar:
O Merlín: Kusuma de Héctor Cajaraville.
O Jules Verne: Aplicación instantánea de Carlos Negro.
O Xerais: Besta do meu sangue de Emma Pedreira.
Tres premiados seguros, con carreiras asentadas e recollendo o froito do seu traballo. Cajaraville xa quedara finalista do Merlín con Quen dá a quenda no ano que ganara o Xerais con De remate.
Carlos Negro acaba de recibir o premio dos Clubs de lectura polas obras en verso para adolescentes, era a primeira vez que se producía, o premio a un poeta, igual que sucede agora co Jules Verne. El vai inaugurando camiños para a poesía.
Emma Pedreira acaba de ganar o premio da Crítica española en galego por un libro de narrativa e premio Fiz Vergara Vilariño do mesmo ano por As voces ágrafas. Este é tamén o seu momento.

venres, 21 de setembro de 2018

Publicidade necesaria

 
Si, ás veces hai que facer publicidade de algo que é único e necesario.
É o caso de O Papagaio (o xornal da xente miúda), a única revista infantil en galego. Hai algunha biblioteca do país que non conte con ela? Algunha familia que non a coñeza? Pois para iso está esta páxina... para soplar vento nas velas!

luns, 10 de setembro de 2018

COBNVOCATORIA DO II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN


                                                                           Cartel ganador na edición pasada
GÁLIX, en colaboración co Concello de Pontevedra, convoca o II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN.
A finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XX Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura entre o 22 de marzo e o 12 de abril de 2019 e que terá como temática central A REVOLUCIÓN.
A ilustración gañadora será premiada con 3.000€.

A proposta gañadora e as 12 finalistas conformarán unha exposición durante o Salón e a Área de Cultura da Deputación de Pontevedra editará un catálogo da mostra en formato de calendario de 2019.


Plazo de entrega: 10 de outubro de 2018.
As bases deste certame.
Tamén podedes atopalas na web:
 http://www.galix.org/2018/09/ii-premio-internacional-de-ilustracion.html

http://www.salondolibro.gal/ilustra/  

mércores, 5 de setembro de 2018

BIBLIOTECAS ESCOLARES ACTIVAS

Escornabots na biblioteca.
Lectores e lectoras do CPI de Catoira

Comeza o curso e con el a actividade nas bibliotecas escolares: en cada unha delas e na Asesoría de Bibliotecas Escolares que fai públicas as Instrucións sobre organización e funcionamto da biblioteca escolar para o cuso 2018/2019, porque é necesario ter en conta unha serie de orientacións desde as bibliotecas, desde os equipos directivos, desde o claustro dos centros... para que a biblioteca poida achegar todas as oportunidades. Que necesario é neste momento confirmar que a persoa responsable da biblioteca é a máis adecuada, que o equipo é o que ten que ser, que non se perden horas de guardia de biblioteca ou de corredor senón que se invirten onde ten que estar todo ese traballo profesional e non de vixiante de autobús. Hai moitas cousas que se non se poñen no seu sitio neste momento vai ser difícil facer máis tarde, e vaise cargar con ese lastre todo o curso. Por iso, estes primeiros días e estas primeiras reunións son fundamentais. Por isto habería que pedirlle a todo o profesorado unha reflexión centrada no centro, nos seus servizos e no alumado máis que en cuestións corporativas e de horario feitos á medida de intereses espúreos. Grazas por esas "Instrucións", agora só fai falla telas en conta.
Por outra banda, aparecen no portal de bibliotecas escolares as convocatorias de Clubs de lectura  para centros que escolarizan alumnado de Secundaria e outros e a Convocatoria do programa Biblioteca Creativa para centros de Infantil e Primaria. Moito que facer, moito que ler e escribir para poñer en marcha o curso e a biblioteca escolar. 
Un luxo ao alcance do profesorado galego! 
E un gusto contar co xornalistas que se fan eco.

domingo, 19 de agosto de 2018

Constelacións literarias I. MULLER e igualdade. Migracións e outras culturas





De entre todo o  firmamento da muller, quixemos escoller unha pequena cantidade de estrelas para elaborar unha constelación que puidera levar o nome de Migracións e outras culturas, pensada para lectorado autónomo.
Nela, poderiamos situar libros que tocan a tradición doutros países ou libros sobre historias reais como a de Malala, libros que mostran as diferenzas entre unhas e outras culturas, libros que falan dunha discriminación maior dependendo dos países e historias de nenas que xa andan entre nós aínda que naceran fóra. 
Escritoras como María Reimóndez son piares fundamentais nesta temática e dela temos que recoller tres títulos, Agustín Fernández Paz e FIna Casalderrey son imprescindibles á hora de recoller a chegada das nenas doutros lugares a este...