venres, 13 de novembro de 2020

Venres 13 de novembro, Día das Librarías


Miralas. Entrar a mercar o libro que temos na cabeza. Pedirlles asesoramento acerca de novidades que descoñecemos…

A libraría forma parte dese comercio próximo que debemos manter para conservar calidade de vida. Soster o ecosistema. Diso sabemos moito a xente de aldea. Comezamos a coller o coche para ir ás grandes áreas comerciais, íase ás vilas a tomar o café e… ao final quedamos sen tabernas nas que reunirnos, sen comercios dos que tirar no momento que precisamos sen necesidade de coche.  Agora, só se ve a xente na misa. Non hai onde ir buscar esas galletas que precisamos. Quedamos orfos, sen lugares nos que facer comunidade, con menos recursos que os que tiñamos antes, con menos servizos… As librarías son parte diso, o comercio de barrio, a cultura ao pé da man. 

Nas aldeas, neste momento, escóitase a chamada do panadeiro e os múltiples coches que fan reparto dende amazon oou calquera comercio virtual. Cada día máis pechados dentro das casas, cada xornada un pouco máis lonxe unas casas das outras.

Volvamos. E como parafraseando un anuncio coñecido, “Vivamos como vecinos”. Despracémonos a esa libraría que nos serve o que precisamos e cando o precisamos sen necesidade de facer máis ricos ás grandes empresas estranxeiras.

Por que seguir defendendo o de outros e non o noso? Por que  seguir cargando co complexo de inferioridade? Por que entregarlles os nosos cartos aos que non pagan impostos no noso país? Por que permitir pechar comercios para pagar máis desemprego (cando iso si que o pagamos nós)? Eses, tamén nos poden servir os libros na casa, se estamos angustiados e non nos sentimos con forza para saír. Eses, ademais dos libros, igual nos preguntan como estamos…

Vaiamos á pequena libraría, non á das grandes superficies se non á próxima, á do veciño e a veciña. E merquemos o que queiramos, é un bo día para facelo, para darnos ese gusto e darllo a outros/as agasallándoos con esta desculpa: “É que é o Día das Librarías, sabes?” E ogallá o exemplo se espallara (en vez do coronavirus) e andiveramos todos na roda do agasallo, o único que é cultura e non consumo.

Hai novidades e hai libros sobre libros, sobre os lugares e as persoas que andan entre libros. Hoxe recoméndovos:

Catro cartas. Un libro de Xabier P. Docampo que é unha boa lectura para todos e todas. Cartas a ten nos inoculou o virus da lectura.



 

mércores, 11 de novembro de 2020

Xavier Senín, premio Nacional á Obra dun tradutor

 

Xavier Senín, Socio de Honra de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e un dos seus fundadores, foi presidente da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e director xeral do Libro na conselleria de Cultura,... acaba de ser recoñecido co Premio Nacional á Obra dun traductor

Traductor en activo, achegánonos un a un os Ásterix, os libros de Juan Farias (devolvéndoos ao galego da orixe do escritor), Mal de escola de Pennac, A fabulosa lenda do Rei Artur de Sierra i Fabra ou O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha... moitos deles en colaboración e outros persoalmente como moitos destinados á infancia dende os clásicos Ándersen e Grimm e outros actuais como os de Antoniorrobles, Sennell ou Gisbert.   

Hoxe,  serían felices con el Docampo, Farias e Agustín Fernández Paz. 

Dentro de moi pouco tempo, estará ocupando A Xanela de GALIX, esa fiestra pola que os socios e socias máis veteranas se asomarán a compartir experiencias e saberes.

martes, 10 de novembro de 2020

Lendas do recreo, unha serie.



En marzo de 2020, comezando o confinamento saíu á luz esta nova serie, Lendas do recreo, da autoría de El Hematocrito, ilustrada por Albert Monteys e traducida por Anaír Rodríguez para Xerais.
Porque en todos os colexios, todos os días, nacen novas... lendas do recreo. Nun  caso son os Campións do mundo. Imaxinades un rapaz que quere formar parte do libro dos récords por estar agachado máis tempo ca ninguén? pois si, existe, e aparece sendo maior pero cando a rapazada lle avisa do que lle vai pasar, cando ve chegar aos pais e os medios de comunicación decide seguir agachado e agardar un tempo máis. Remata o libro con outros casos nos que se bateron récords e forman parte das lendas do recreo; pero ademais, seguro que aos lectores e lectoras se lles pasan pola cabeza algúns máis.
A media horas dos heroes é o outro título. Cando os de infantil deciden interactuar cos maiores e presentarse como superheroes, porque o son: unha manda, outra é imbatible coa corda, outro especialista en chapuzar nos charcos, outro en devoralo todo, outro é invisible, outro un ninja que leva como espada a vasoira do váter... Todos xuntos van salvando ao cole de múltiples perigos. Pero, hai que saber que cada recreo cambian de xogo, así que se queres apuntarte has de telo en conta.

domingo, 8 de novembro de 2020

Winnie de Pooh, na nosa lingua

 
Grazas a Sushi podemos achegarnos a Winnie - the - Pooh e A casa do recuncho de Pooh de A.A. Milne con ilustracións de E. H. Sheopard, na nosa lingua. Publícase na colección Intermedio e aínda que poden entrar certas dúbidas en canto ao lecgtorado ao que vai dirixido, non nos parece mal, en absoluto.
Esas aventuras de Christopher Robin cunha serie de animais coma o oso  Winnie - the - Pooh, o porquiño Piglet, a cangura Cangu e o seu pequeno Riño, Coello, o burro Igor, Bufo, Tigre... son realmente xoias que nas primeiras idades se escoitan ou len cos sentimentos como esquelete desa relación cos animais, con ese absurdo que o empapa todo e ese pequeno misterio que o envolve. O autor narrador dialoga cos personaxes, esa primeira e derradeira imaxe do primeiro dos libros ou esa despedida do neno protagonista no segundo deles sitúannos nunha idade que nos leva a Alicia cando sae do soño e debe enfrontar a realidade, dar un paso ao outro lado do espello deixando atrás as fantasías e os xoguetes que xa non poderán acompañala. Un verdadeiro estudo da personalidade de cada un dos personaxes, dene a inocencia alegre de Riño ao deprimido e desconfiado Igor, do amistoso Piglet ao egoísta e goloso Winnie, do prototipo de nai Cangu ao organizador e áxil Coello, de Bufo o que domina as palabras a Christopher que co seu despiste vai dando as respostas que eles demandan. 
Asistimos á creación dun mundo (o Bosque cos seus habitantes) e a cerimonia de paso dunha a outra idade, pero sobre todo, asistimos ao mundo familiar do autor que ficciona ao fillo cos seus bonecos de peluche. Traducido a máis de 50 idiomas (tamén o latín), dou lagar a versións cinematográficas rusas ou der Disney e, en máis dunha ocasión, os seus personaxes comparados con políticos internacionais, o que provocou a súa prohibición.

xoves, 5 de novembro de 2020

A última obra de Rivas

O Chispas de Manuel Rivas con ilustracións de Sonia García na colección Sopa de Libros de Xerais.
Unha noveliña dirixida a lectorado a partir de doce anos.
Así se presenta: "O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos cracks, que fabrican a realidade e se rexen por modas. E agora a moda é o Chispas. Un músico cósmico!"
Así comeza...
"Son feo, son triste e aínda por riba estou namorado.
O meu nome é O Chispas.
Herdei o alcume de meu pai. Era electricista e morreu colocando as luces de Nadal. Eu era aínda un cativo. Dixéronme que fora un lóstrego.
E son músico. Músico, músico. Músico da música.
Un músico cósmico.
Non, cómico non. Iso é unha confusión, un erro, unha disonancia, unha cacofonía, un ruxerruxe, unha fama que me apuxeron. O de que son cómico é unha desas parvadas que chaman fake news, unha noticia falsa. Unha trola."
A linguaxe de Rivas, esa corrente de creatividade verbal e lírica, os tacos, esa  e unha historia con outra realidade.

luns, 2 de novembro de 2020

Poesía poesía poesía

V de bestiario, na colección Fardel de soños, é un deses libros para cativada que semella ter un tamaño máis grande do que sería conveniente. 
Ramón Caride á letra, Lois G. Magariños á imaxe. Poemas de cinco versos, de arredor de sete sílabas, que por veces riman todos eles e por veces algúns, neles repítense os sons, xógase coas palabras (Xugrelos, Lamproa, Moicego, Vacallau, Calamor, Boliflor, Boiseñor, Serponte, Crocogrilo, Vacallau, Sandía e sannoite...). Para rematar,  pásaselle a bóla ao lector ou lectora, baixo o epígraffe "E ti de quen ves sendo???" para seguir creando, comezando con tres asinados por Ylenia, Atenea e Ernesto aos que lle falta unha palabra e a cor na ilustración. Algunha das ilustracións merecía algo máis, pero sobre todo, creo que a estas alturas é impostante saber o formato que se lle ha dar a cada produto. 

martes, 27 de outubro de 2020

SAMAÍN E DEFUNTOS

A modo de listado posible:

Resultado de imagen de Os tres bandidos Resultado de imagen de A eiga chuchona + libro Non hai escapatoria  e outros contos marabillososResultado de imagen de Mortiña + libro Resultado de imagen de Mortiña + libro Portada de No bosqueResultado de imágenes de Tío LOBO + Libro KalandrakaResultado de imagen de Brinca vai! + libro kalandrakaResultado de imagen de O pacto do Letargo + libro Resultado de imagen de O gatipedro + libro Resultado de imagen de SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta + libro

Os esqueletos divertidos  /  Bromas na escuridade  / Un pesadelo no meu armario  / Un dous tres, vampiro ti es  / Onde viven os monstros?  /  Máis alá da fiestra  /  Os tres bandidos  /  Rufus  /  Non stop  /  As tres curuxiñas  /  No bosque  / Tío Lobo  /  Aurelio  /  Non hai escapatoria  /  Leviatán  /  Brinca vai!...

Resultado de imagen de más allá de fiestaResultado de imagen de Rufus + libro kalandraka

 e uns poucos máis...