Lendo lendas, digo versos. Sin dúbida unha das grandes obras de literatura infantil do ano. Da man de AntonioGarcía Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas*.
Moi bo libro, co bo facer do recopilador de lendas que as conta como ninguén, o versificador que se introduce nas estruturas populares e nos recursos da tradición para darnos outra versión que bebe tamén do pasado. Unhas ilustracións suaves, a lapis, no límite de preciosismo... contendo a pequena imaxe case temerosa, a imaxe que copia e a que só ven da imaxinación; todo mesturad, ás veces introducindo a xeometría ou un certo surrealismo e hiperrealismo.
Un gran libro para agasallo, para ler nos tres códigos.
*Realmente, Cobas, semella o verdadeiro ganador desta Gala, pois participa neste libro, no ilustrado ganador Cadros dunha exposición e na capa da novela de Manuel Rivas (tamén ganadora na súa modalidade): Os últimos días de Terranova.

Ningún comentario:
Publicar un comentario