E resultou ganadora...
Xogandocon gatos de Antón Cortizas, publicado
por Xerais e AGADIC. Leandro Lamas na ilustración. A obra xa resultara ganadora no Premio Manuel
María e Literatura Dramática 2014.
É teatro infantil, ese que nos ten que axudar a crear lectores e espectadores.
O obxectivo do autor ao escribir a peza é lembrar a arte de xogar, para descubrir o xogo popular, introducindo xogos e textos de literatura oral. Atopamos teatro de actores e actrices, teatro de sombras chinesas, mimo, monicreques de corda e monifates de luva, danza e poesía, acompañmento musical e implicación dos espectadores. O verso, a rima, a prosa combinada, ... teatro xogo (lengalengas, tradición, fórmulas para botar sortes, adiviñas ...)
E conta o argumento que o Gro (un monstro, un ogro tal como nos indica o nome) rouba a memoria á meniña e as fadas tentan devolverlla, buscan a ver quen sabe xogos para copialos e levarllos á nena, e tardan en darse conta de que diante deles están os gatos a facelo. Vencen ao Gro que marcha desesperado.
Ás tres escenas que tiña a peza premiada engádelle o autor unha cuarta, opcional, con xogos relacionados con gatos coa explicación correspondente e na que participaría o público, xustamente, xogando. Dánlle remate ao volume as partituras das cancións citadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario