Nunca está de máis lembrar... aínda que xa pasara tempo. A Gala do libro é anual e debe durar todo un ano, o ano todo.
O libro honorífico á editora recaeu en Laiovento, a editora creada por Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Manuel González Millares, Francisco Pillado Mayor, Afonso Ribas e Xesús Couceiro Rivas. A editora que trata temas como nacionalismo, lingua e literatura, economía e teatro, estivo dirixida por Francisco Pillado Mayor ata hai pouco tempo cando tomou o relevo Afonso Ribas.
Xa conta co Pedrón de Ouro 2015 e agora accede a este premio concedido polos propios compañeiros.
Unha editora que contra vento e marea pon na man dos lectores una serie de libros que sería imposible ver impresos noutra editorial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario