Así aparece Tomi Ungerer (Estrasburgo, Francia 1931) na páxina de Kalandraka
O ambiente bélico dos seus primeiros debuxos reflectía o seu rexeitamento á guerra e ao fascismo. En 1956 emigrou a Nova York, onde comezou a escribir libros infantís que tiveron moito éxito. Publicou en medios tan importantes
como The New Yorker, Esquire, Life Show ou Fortune. Xa no cumio da súa carreira durante os anos 60, Ungerer plasmou na súa obra a súa reacción contra a hipocrisía e a superficialidade da sociedade americana. Mudouse a unha granxa en Canadá e a finais dos 70 trasladouse a Irlanda coa súa familia. A súa produción, que abrangue catro décadas de creación, calcúlase entre 30.000 e 40.000 traballos de diferentes estilos, e máis de 120 libros. Entre outros galardóns, recibiu a Medalla de Ouro da Sociedade de Ilustradores e o Premio Hans Christian Andersen en 1998. Ademais de debuxante, tamén desenvolveu outra faceta como filántropo, colaborando en causas humanitarias.
Nas nosas bibliotecas aparecen os seus libros, en galego, dando razón dunha lingua na que se pode ler ademais do producido nela, o mellor da LIX internacional: Os tres bandidos, Adelaida, Crictor, Onde está o meu zapato?, Emilio; Rufus, o morcego que adoraba as cores; Caracol, onde estás?, Novos amigos e Alumette.
Só a bondade pode imaxinar uns bandidos que se enternecen ante a inocencia, volver a traernos á nena dos mistos que morre na noite fría para a nosa vergoña ou mostrarnos como se pode superar... incluso a natureza.
Foi unha sorte a súa existencia, un agasallo as súas obras que seguiremos lendo. Grazas!
Que do outro lado o acollan, tal como fixeron eses tres bandidos na súa ficción.

Ningún comentario:
Publicar un comentario