Plasticus maritimus, unha especie invasora de Ana Pêgo e Isabel Minhós Martins, ilustrado por Bernardo P. Carvalho, está traducido por Celia Recarey e publicado por Kalandraka.
Da presentación editorial:"Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos. O equivalente a un camión cheo de plástico por minuto! Porque é artificial, invasora, contaminante e ten unha vida moi longa, esta 'especie' merece ter os días contados."
Explícase así: Este libro foi creado, en primeiro lugar, para coñecermos mellor o problema do plástico que existe nos océanos. En segundo lugar, para actuarmos da mellor maneira para minimizalo. E en terceiro, para vos presentar a Ana, unha bióloga mariña que comezou a preocuparse por este problema e, desde entón, nunca deixou de facelo.
Conta coas seguintes partes: unha introdución baixo o título "No mundo non faltan problemas á procura de solucións;A importancia dos océanos, a Guía de campo (Plásticus marítimus, a especie, Como preparar unha saída, Obxectos correntes, Obxectos exóticos), Reciclaxe: podemos quedar tranquilos?, O que podemos facer e Queres saber máis sobre o plástico?
Entre o caderno de campo, a observación dunha esecie nova, a observación e rexistro, a teoría e apráctica, o sentido do humor... Todo para facernos pensar e poñernos a actuar dunha vez. Un libro marabilloso con moi boas ilustracións e unha imaxes fotográficas que imponlle respecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario