O neno ultramillonario de David Walliams, ilustrado por Tony Ross, traducido por Eva Almazán e publicado por Sushi Books.
Da presentación editorial: "Preguntástesvos algunha vez como sería ter un millón no banco? Ou mil millóns? E un billón? Ou mesmo un trillón? Pois preséntovos a Joe Spud.
Joe non necesitaba imaxinar como sería posuír diñeiro a carradas, diñeiro a dar co pé, montes e moreas de diñeiro. Porque só tiña doce anos, pero estaba o que se di total e absolutamente podre de cartos. Podía mercar calquera cousa que se lle antollase: un bólido de Fórmula 1, unha montaña rusa para el só, todos os xogos de ordenador do mundo… Todo, agás algo que o diñeiro nunca poderá comprar: un amigo."
Moi no estilo de Roald Dahl: as grandes esaxeracións, a defensa da bondade, o afecto como valor máximo, a loita contra os intereses espúreos... Todo sito sumado a unha estrela da televisión, un home moi seguro de si mesmo que cando fala de libros cita os seus no medio da narración. Tamén pode axudar que o seu ilustrador é compartido con Dahl...
Os forasteiros do tempo. A aventura dos Balbuena no Imperio Romano, escrito por Roberto Santiago, ilustrado por Enrique Lorenzo, traducido por Isabel Soto e publicado por SM Xerme.
Da presentación editorial: "Soldados, leóns, gladiadores, o cónsul de Roma... Os Balbuena aterraron no Imperio romano. Unha nova aventura está a piques de encomezar! Xa sei que soa un puoco raro, pero últimamente no fago outra cousa máis que viaxar no tiempo a través dun buraco negro. Ben, en realidade non viaxo eu só: acompáñanme os meus irmáns, o meu pai e unhas veciñas. Esta vez aparecimos no Imperio romano, que é unha época moi interesante e emocionante, e ademáis fixemos unha morea de amigos novos; eu mesmo convertinme en gladiador e loitei contra un león! Pero o certo é que o único que eu desexo é volver á casa coa miña familia. Quen me mandaría a min meterme neste sarillo?"
E tamén así:"Xa sei que soa un puoco raro, pero últimamente no fago outra cousa máis que viaxar no tiempo a través dun buraco negro. Ben, en realidade non viaxo eu só: acompáñanme os meus irmáns, o meu pai e unhas veciñas.
Esta vez aparecemos no Imperio Romano, que é unha época moi interesante e emocionante, e ademáis fixemos unha morea de amigos novos; eu mesmo convertinme en gladiador e loitei contra un león!
Pero o certo é que o único que eu desexo é volver á casa coa miña familia. Quen me mandaría a min meterme neste sarillo?"
Continúan as aventuras de Sebastián Balbuena de Moratalaz e os seus, de furado negro en furado negro, pasando dun tenpo a outro: dun poboado do afastado Oeste a un reino na Idade Media ou ao imperio Romano; dando saltos no tempo e no espacio dunha tormenta eléctrica noutra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario