martes, 4 de febreiro de 2025

Os planetas. A música do firmamento de José Antonio Abad, Antonio Seijas e Gustav Holst

Os planetas. A música do firmamento co texto de José Antonio Abad e as ilustracións de Antonio Seijas, a música de Gustav Holst e publicado por Hércules ediciones. 

Un neno dorme e soña que está no mar, sae unha sereíña montada nun peixe voador e convídano a voar co eles, agárrase á cintura da serea e viaxan aos planetas que el estudou no colexio días antes. Chegan a Marte, os seus fillos Fobos e Deimos no que o deus os leva de viaxe polo planeta atemorizando a todos. Lévaos aver a Venus, a súa amada, a deusa do Amor. Ela ten na man un cofre con pó de estrelas. Marte chama ao mensaxeiro alado (Mercurio) para que lle anuncie ao seu pai (Xúpiter) que organiza unha festa para eles, as súas lúas danzan ao redor en círculo, Saturno (seu pai) leva múltiples aneis na cabeza e esperta co ruído (o mago espacial; tamén o fai Urano, o mago espacial, que leva aneis que xiran ao tolo sen caer, el aproveita para provocar explosións e tronos no medio da festa. Mentres tanto, nos océanos as augas andan revoltas Nepturno escoita que a serea escapou así que se nonta nun carro de algas tirado por cabaliños de mar e vaina buscar a Xúpiter. Daquela o neno esperta ao atoparse sen a serea e o peixe, cae da cama e descobre que todo foi un soño.

Unha historia na que a través dese soño accedemos aos planetas, aos deuses da mitoloxía clásica e á música que lle corresponde a cada un deles. A sinfonía, a suite de sete movementos, cada un dedicado a un planeta. Lilas, azuis, rosas, amarelos... distintas cores, todas elas moi fortes para representar o firmamento, verde suave para o mar; o neno e a serea polo ceo adiante... tan pequeniños. Unhas ilustracións ben especiais para moverse por ese mundo case infinito. Un código QR dá acceso á música e a información sobre cada un dos planetas porque cada un deles ten unha música propia.  Non só temos información sobre planetas e mitoloxía, tamén sobre o compositor musical e a explicación da peza, polo tanto estamos ante unha obra de gran calado. 

Nesta editora tampouco podemos acceder á información e imaxe en galego.

Todo sobre os gatos de Monika Filipina, traducido por Susana Collazo e publicado por Lata de Sal.

Da presentación editorial: "Todo sobre os gatos descubre -por primeira vez- aquilo que os gatos fan con mestría cando nosoutros non miramos e estamos fóra de casa. A autora relata, con pinceladas cheas de imaxinación e talento que desborda cada páxina, que esconden os nosos felinos máis queridos. Cando marchamos descansan no sofá, pero nada é o que parece. Eles patinan, leen, escriben, cociñan, saltan, bailan... e algúns, ata nadan."

Semella que os gatos están todo o tempo durmitando nunha cadeira, verdade? Os pasos seguintes son a demostración desa mentira. Cando o seu humano se vai preguntan: que facemos? e empezan os plans: xogar, nadar, comer, bailar, patinar, ler... quedan esgotados así que botan unha soneca; espertan na hora da merenda a continúan calcetando, probando, posando, ledo, escribindo, bañándose, cantando e tocando, pelexando, buscando tesouros piratas, facendo arte de todo tipo, acrobacias ou xogandoao xadrez. De pronto: Silencio! Chega o noso humano! Pasámolo xenial, non? E ninguén se decatará denada, verdade?... As ilustracións demostran o contrario con imxes ben interesantes nas que se cambia de plano ou ángulo, se modifica o encadre dende a panorámica ou plano de detalle, organizadas e desorganizadas ou con ángulos imposibles.

Uha vez máis é imposible dende a editora acceder a información do libro en galego, nin xiquera á cuberta,

Ningún comentario:

Publicar un comentario