venres, 12 de maio de 2017

Carlos Casares. Os seus libros de LIX, no seu ano (IV)



Lolo anda en bicicleta, é outra obra de Carlos Casares. 
Publicada na colección Bambán de Galaxia & Editores asociados (unha agrupación  de seis editores: asturianos, bascos, cataláns, galegos e valencianos que traballan colectivamente para conseguir unha meirande difusión das obras dos seus creadores ao pertencer a culturas e linguas minorizadas, formando parte: Bromera, Elkar, La Galera, Librs del Pexe, Tádem e Galaxia) para lectores a partir de seis anos. 
Con magníficas ilustracións de Manuel Uhía, realizadas con acuarela. 
Conta a etapa de aprendizaxe de Lolo sobre a bicicleta. Os seus avances son tan impresionantes, que non queda máis remedio que admitir que as dificultades que lle pon seu pai o que fan é mellorar ese adestramento. El faino ás agachadas, coa bicicleta do seu pai que lle resulta moi pouco axeitada pois só conta con seis anos. Faino no garaxe entre trebellos e obstáculos varios, e cando xa non pode máis, sube ao muro e practica nesa liña no alto... ata que o descobren.
Todo remata ben, coma nun conto feliz. Os Reis vanlle traer a bicicleta e el prepáralles un estupendo almorzo aos pais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario